O BNG, dende a VII Asemblea Nacional de 1995, asumiu o feminismo como un ben público e unha necesidade política da nosa organización. Renovamos este compromiso na pasada XIII Asemblea, conscientes de que cómpre continuar co desenvolvemento de medidas específicas correctoras das desigualdades de xénero, sabedores e sabedoras de que a igualdade real supón unha revolución sociopolítica.

Nesta liña, o BNG reactivou a Comisión Nacional da Mulller, porque só se asumimos a orientación de xénero e emprendemos actuacións dende esta perspectiva a nosa forza política será verdadeiramente transformadora.