Arquivos para o día 30 de Maio de 2012

Jorquera arrinca un compromiso do Congreso a prol dos servizos ferroviarios de cercanías

A Comisión de Fomento do Congreso dos Deputados aprobou a proposición non de lei do portavoz do BNG, Francisco Jorquera, que insta ao Goberno a executar os estudos do Plan para a implantación dos servizos ferroviarios de cercanías na Galiza, que contou cunha dotación nos Orzamentos de 2011 e outra para este ano 2012. Ademáis,…

Reparto expansivo: alternativas a pé de rúa

reparto-expansivo-300x199

O BNG botouse hoxe ás rúas de Galiza para partillar as súas alternativas coas cidadáns e os cidadás do País. Un reparto expansivo e simultáneo por todo o País. Guillerme, en Pontevedra, afirmou que o Bloque vai dar a batalla por conquistar novos apoios sociais a prol da única forza política galega verdadeiramente alternativa, a…

O BNG quer que se vixíen as contas da Casa Real

comison 2

O BNG presentou no rexistro a solicitude dunha Comisión de Investigación sobre a Casa Real, para que se adopten medidas de transparencia e control parlamentar da acción do Xefe de Estado, a familia real e a súa actividade económica. A deputada do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, acudiu ao Rexistro da Cámara xunto cos…

Lobeira acusa á RTVG de non informar das Preferentes

O deputado considerou que o tratamento informativo non foi proporcional ao problema xerado por este produto financeiro que afecta a 100.000 persoas en Galiza. Bieito Lobeira reiterou hoxe en sede parlamentar que, malia enorme magnitude da fraude das preferentes, “a RTVG non informou de maneira proporcional” ao problema social provocado por este produto financeiro. No…

Prima de risco en 539 e Rajoy sen comparecer

O candidato do BNG á presidencia da Xunta, Francisco Jorquera, pergúntase que ten que pasar para que Rajoy compareza no Congreso e asuma as súas responsabilidades, despois de que hoxe a prima de risco se situase na estratosférica altura dos 539 puntos. “Rajoy fáltalle o respecto á cidadanía ao non dar explicacións sobre a gravísima…

Reparto expansivo: as alternativas do BNG, nas rúas de GZ

O BNG realizará este mércores un reparto expansivo por todo o país -as 7 cidades, as vilas cabeceira de comarca- do seu folleto informativo coas propostas alternativas do BNG para saír da crise. Este reparto prodúcese após unha intensa campaña explicativa da proposta do BNG de crear unha Banca Pública Galega, con reunións nas sete…

Jorquera dá o debate da BPG no Congreso

Jorquera no Pleno

A Banca Pública Galega (BPG) xa está a debate na axenda política do Estado e grazas á iniciativa do Bloque Nacionalista Galego. Jorquera foi o encarregado de suscitar o asunto nun debate parlamentario, esta mesma tarde no Pleno do Congreso. O portavoz do BNG e candidato á presidencia da Xunta defendeu as modificacións lexislativas precisas…