O portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, instou ao Ministro de Economía, Luis De Guindos, a actuar ante a Fiscalía polo escándalo das preferentes. Na sesión plenaria de hoxe, o Ministro de Economía admitiu que a cuestión das participacións preferentes “foi un engano aos aforradores”. Esta afirmación levou a Francisco Jorquera a…
Arquivos para o día 31 de Maio de 2012
Solidariedade do BNG cos estudantes de Ourense denunciados pola Consellaría de Educación
Guillerme afirmou que “para o BNG non é de recibo a posición que acaba de adoptar a Consellaría de Educación nada menos que levando ao xulgado a estudantes que se mobilizaban en Ourense contra os recortes e a favor de manter o ensino público”. Entre eles había mozas e mozos de Galiza Nova. “Para o…
Guillerme critica na Mariña que o PP quita diñeiro do ensino e da sanidade para darllo aos bancos
O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, cualificou de “absolumante inaceptábel, que o goberno do PP retire fondos públicos da educación e da sanidade para entregalos, día si e día tamén, aos sumidoiros da banca”. O portavoz nacional do BNG reuniuse esta mañá en Burela con representantes da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da…
Galería de imaxes do reparto expansivo
O BNG non fica na casa coas súas alternativas: sae á rúa a partillalas coas cidadás e os cidadáns, única forma de que unha política nova se abra paso, e desde logo sen política nova non sairemos nen da crise da economía nen da crise da democracia. O reparto expansivo realizado onte por todo o…
Sexta reforma financeira: un novo paso para sanear as perdas privadas con cartos públicos

Nova -sexta- reforma do sistema financeira no Estado. Foi hoxe ao Pleno levada polo Goberno do PP e como as anteriores contou co voto contrario do BNG. A filosofía de fondo é a mesma que as 5 anteriores, claramente fracasadas: transferir fondos públicos para sanear as perdas do sector privado. O Estado leva inxectados 118.000…