Carme da Silva acusou hoxe ao Partido Popular de desaproveitar a oportunidade ofrecida polos nacionalistas, a través dunha proposición non de lei, para enviarlle unha mensaxe clara e contundente a Ence de que non vai poder seguir na súa ubicación en Pontevedra máis alá de 2018. Malia que nos últimos anos o goberno do PP…
Arquivos para o día 13 de Xuño de 2012
Antonio Veiga nega que o anuncio contra o rescate á banca se pagara con cartos públicos
O vicepresidente da Deputación de Lugo, o nacionalista Antonio Veiga, rexeita as acusacións do Partido Popular nas que asegura que o anuncio publicado onte nos medios de comunicación lucenses en contra do rescate de Europa á banca española foi pagado con diñeiro público. Veiga amósase sorprendido pola celeridade do Partido Popular en querelarse contra aqueles…
Galiza precisa doutra banca: Pública, solvente e comprometida con este País
O voceiro de Economía do GP do BNG, Carlos Aymerich, defendeu este Mércores en pleno a necesidade dun banco público galego, construido sobre Nova Galicia Banco unha vez transferido o capital do Frob, para poder contar cunha entidade que teña “outra forma de facer”. “Precisamos dunha banca pública –engadiu-, solvente e comprometida con Galiza, coa…
O BNG apoia a manifestación dos traballadores de Alcoa en Santiago
O BNG apoiou esta mañá a manifestación dos traballadores de Alcoa-San Cibrao e Alcoa-A Coruña que tras unha marcha de varios días dende os seus centros de traballo para esixir cambios na tarifa eléctrica que eviten o peche das factorías chegaron hoxe a Santiago de Compostela, onde se manifestaron diante da sé central da Xunta…
Galería de fotos das concentracións
O BNG estivo onte nas rúas das cidades galegas a partillar a indignación cidadá contra o resgate á banca, resgate que é un auténtico saqueo ao pobo. É preciso que reclamemos o noso dereito a decidir e que fagamos ouvir a nosa voz. Así o fixeron os cidadáns e as cidadás que secundaron a convocatoria…
25 anos de presenza do BNG no concello de Pontevedra, 25 anos de traballo transformador
Este serán (20.45 horas) vaise realizar en Pontevedra un acto conmemorativo dos 25 anos de presenza ininterrumpida do BNG no concello. Foi en 1987 cando o Bloque Nacionalista Galego, da man de Miguel Anxo Fernández Lores, obtiña por vez primeira representación na cámara municipal. No acto, que irá ter lugar no Pazo da Cultura, intervirán…
Feijóo ten que asumir xa a investigación das Caixas

Ana Pontón emprazou este Mércores ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a que asuma as súas responsabilidades e traballe para garantir o futuro do sistema financieiro galego, “pois se antes do resgate á banca este futuro xa estaba en xogo, agora se pode certificar a súa defunción”, afirmou. Ana Pontón, na sesión de control…
O PP tumba a iniciativa do BNG contra as execucións hipotecarias
O Partido popular votou hoxe en contra da Proposición de lei do BNG para reformar a lexislación procesual en materia de execución hipotecaria. A deputada e portavoz de vivenda nacionalista, Isabel Sánchez lamentou o voto en contra do PP para a toma en consideración dun texto destinado a aplicar “medidas urxentes” en materia de execución…