Arquivos para o día 26 de Xuño de 2012

Protesta dos deputados do BNG no Parlamento

O último pleno do período de sesións da Cámara galega conclúe co ambiente moi caldeado pola intransixencia da presidenta da Cámara, Pilar Rojo, que negou a palabra á portavoz nacionalista, Ana Pontón, cando se dispuña a prantexar unha cuestión de orde e denunciar o veto do PP en Xunta de Portavoces ao debate de dúas…

O BNG pide que se investiguen as caixas ante o veto do PP e a abstención do PSOE

O portavoz de Economía do GP do BNG, Carlos Aymerich, defende unha moción que tamén reclamaba a conversión de NGB en Banco Público. Aymerich asegurou en sesión plenaria que Feijóo ten que ter “poderosas e “inconfesábeis” razóns para non querer abrir xa unha investigación no Parlamento sobre a xestión das caixas galegas. Explicou que só…

Enérxica repulsa do BNG ante o asasinato dunha muller en Narón, vítima da violencia machista

O BNG quer expresar a súa máis enérxica repulsa perante o asasinato dunha muller en Narón, cometido este luns, no que segundo todos os indicios constituiría un novo caso de violencia de xénero no noso país. O BNG quer transmitir a súa máis profunda solidariedade aos familiares e achegados da vítima. A violencia de xénero…

O Plan Gaiás, mera estratexia de marketing para agochar o fracaso da Cidade da Cultura

Ana Pontón cualificou esta mañá o Plan Gaiás de mera “estratexia de marketing”, un simple “power point” co que agochar que este goberno non sabe que facer co macro complexo da Cidade da Cultura e que lonxe de xerar riqueza polo de agora só implicou malgasto e despilfarro por parte do Executivo do PP. Ana…

O BNG reúnese cunha delegación cubana

  O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, reunise esta mañá cunha delegación da República de Cuba, integrada por Mirtha Rodríguez Pérez, nai de Antonio Guerrero, detido nos Estados Unidos; Alberto Betancourt Roa, vicepresidente da Asociación Nacional de Economistas e Contadores de Cuba; Fernando Martínez Heredia, director Xeral e Investigador Titular no instituto Cubano de…

A consellería de Sanidade prioriza criterios económicos á hora de pechar camas no verán

Ana Luísa Bouza pediu que Sanidade rectifique e defenda os intereses dos e das doentes galegos/as ante o Consello Interterritorial A deputada do BNG, Ana Luísa Bouza formulou hoxe unha pregunta á Consellería de Sanidade sobre a redución de camas hospitalarias anunciada para os meses do verán, medida na que considerou “priman os criterios economicistas…

A suba do IVE confirma que o rescate á banca é un saqueo ao pobo

Guillerme acusou hoxe ao presidente do Goberno,. Mariano Rajoy, “de mentirnos cando nos dixo que o rescate non ía ter repercusión sobre as persoas”. Neste sentido, advertiu que “hoxe confírmase o que o BNG denunciaba cando se anunciou o rescate bancario: saquearán ao pobo pola via de incrementar o IVE, os prezos, mesmo para os…

Guillerme: “Na desfeita das caixas galegas, Feijóo e o PP teñen moito, moito que agochar”

26_06_2012_GUILLERME_CORUNHA_01WEB

O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, asegura que “o señor Feijóo e o PP impiden que se cree xa a Comisión de Investigación das Caixas porque teñen moito, moito que agochar”. Guillerme fixo estas esta mañá declaracións na Coruña despois de reunirse con traballadores e traballadoras de Industrias Caamaño, MAFECCO, Alcoa e EMESA Trefilería,…