A portavoz do GP do BNG, Ana Pontón, cualificou de “tropelía” do ponto de vista democrático que máis unha vez o PP convoque dous plenos extraordinarios (un a petición propia e outro a petición do goberno) sen que os grupos da oposición poidan incluir ningún asunto na orde do día. Ana Pontón, na rolda de…
Arquivos para o mes de Xullo do 2012
Davila solicita a comparecencia de Ana Mato “polo lío dos medicamentos”
A deputada do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, solicitou esta mañá a comparecencia da Ministra de Sanidade e Asuntos Sociais, Ana Mato, para que acuda ao Parlamento a explicar que medidas vai adoptar para rematar “co lío que está a provocar nos medicamentos a aplicación do Real Decreto de copago”. A parlamentar nacionalista quer…
Os concellos gobernados polo BNG aboarán a paga extra ás e aos empregad@s públicos

O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, expresou este sábado en conferencia de imprensa “a vontade do BNG de aboar a paga extra aos empregados públicos alí onde de nós dependa”. Os concellos gobernados polo BNG aboarán a paga extra aos empregados públicos porque a decisión do Goberno Rajoy de a suprimir é non só…
Galiza continúa en pé de guerra contra os recortes

Galiza está na vangarda da loita social contra os recortes do Goberno Feijóo. Este luns voltouse a demostrar con manifestacións máis que considerábeis nas 7 cidades galegas convocadas polo conxunto dos sindicatos en defensa dos dereitos dos e das traballadores do sector público. O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez -acompañado da secretaria de Organización,…
O BNG emprenderá unha ofensiva política e social para defender a frota galega en Mauritania
O Bloque Nacionalista Galego emprenderá unha ofensiva política en toda regra para que se abra un novo proceso negociador e a frota galega non fique expulsada de Mauritania. Así o anunciou o voceiro de Pesca nacionalista, Bieito Lobeira, nunha rolda de prensa na que presentou tanto as medidas que o BNG vai adoptar no plano…
O BNG solicita a comparecencia de Ana Pastor pola suba das peaxes
Os parlamentares do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila e Francisco Jorquera, solicitaron hoxe a comparecencia da Ministra de Fomento para que explique o aumento dos prezos das peaxes nun 7,5% que afectan a autoestradas como a AP-9. O BNG recrimina a Ana Pastor ter aprobado unha orde que estabelece as novas peaxes autorizadas, ao…
Guillerme, en RNE: “A Feijóo non lle saen as contas”
A Feijóo non lle saen as contas e por iso vai recorrer a un auténtico “pucheirazo” para tentar gañar as vindeiras eleccións galegas, afirmou hoxe Guillerme no curso dunha entrevista con RNE-Galiza. Como queira que o PP está disposto a impor ao resto das forzas políticas parlamentares unha reforma antidemocrática da lei eleitoral, o que…
O 20% d@s nov@s parad@s son galeg@s

A Galiza real voltou este venres a asomar o seu rosto real. Os dados correspondentes ao segundo trimestre da EPA son verdadeiramente estarrecedores. O 20 por cento das e dos novos parados no Estado son galeg@s. Pero hai máis: – En números absolutos: Galiza acada os 275.900 desempregados/as, 113.200 máis desde o primeiro trimestre de…
Adán exixe a Feijóo que asuma a súa responsabilidade ante o alarmante incremento do paro
A deputada do GP do BNG Carme Adán esixiu este venres a Núñez Feijóo que asuma a súa responsabilidade fronte a uns dados do paro no último trimestre que confirman que Galiza está nunha “situación límite”, pois o 20 por cento dos novos desempregados do Estado son galegos. Carme Adán asegurou que a inacción do…
Ante o fracaso da comparecencia de Gayoso, o BNG solicita unha Comisión de Investigación
O BNG rexistrou no Congreso unha proposta de creación dunha Comisión parlamentar de Investigación sobre a situación do sector financeiro e as súas necesidades de saneamento e recapitalización, así como de control e seguimento do resgate solicitado polo Goberno de Rajoy. Unha solicitude que o BNG asinou conxuntamente co PNV e con Izquierda Plural. Comparecencias…