O LAMENTABLE ESTADO DA PISTA QUE VAI DO RAPADOIRO Á MEDOÑA, EN COIRO

Desde o BNG da Laracha queremos denunciar o estado lamentable no que se atopa a pista que vai do Rapadoiro á Medoña (en Coiro), algo que vimos denunciando desde hai moito tempo e que mesmo nos levou a presentar unha iniciativa no Pleno da Corporación hai máis dun ano. O certo é que non se ten feito nada de nada por parte do goberno municipal e o deterioro é cada vez maior. Non se molestaron nin en tapar as moitas fochancas que hai ao longo desta pista, tampouco custaba tanto levar un camión de grava para tapar os buracos.

Polo tanto, desde o BNG da Laracha denunciamos a deixadez do goberno do Partido Popular da Laracha, que tivo ademáis as súas consecuencias nefastas para un veciño que a pasada semana circulaba co seu vehículo e quedou espetado na lama, tendo que ser axudado por outras persoas para poder sacar o seu vehículo.

Así pois, demandamos do goberno municipal que adopte as medidas necesarias para mellorar a lamentable situación desta pista, que era moi utilizada por moitos veciños e veciñas da zona e que se atopan con moitas dificultades para poder transitar por ela.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]