Carolina Castiñeiras pregunta por unha acumulación de terras en Lamalonga
Na parroquia de Coiro, en concreto no lugar de Lamalonga, ao lado da estrada provincial, atópase unha finca na que, desde hai tempo, estase a facer unha considerable acumulación e movemento de terras, como se pode apreciar na foto adxunta, sen que teñamos constancia de que exista permiso algún para esta acción.
Por tanto, desde o Grupo Municipal do BNG formulamos as seguintes preguntas:
Ten constancia o goberno municipal da existencia dalgunha solicitude de permiso para esta acumulación e movemento de terras? Ten concedido o concello algún permiso? De non ser así, vai adoptar o goberno municipal algunha medida ao respecto?

