Afectará a política de terra queimada do PP na Xunta á Laracha?
Membros do goberno municipal da Laracha reuníronse estes días cos responsábeis de SEA (Solo Empresarial do Atlántico, sociedade pública que xestiona o Parque Industrial da Laracha) e das empresas adxudicatarias das obras de urbanización e da dirección de obra.
Fala o goberno municipal do P.P. dun restraso considerable nesta infraestrutura básica para o desenvolvemento do noso concello, e din que foi incluída naquel “Plan Galicia” que o P.P. aprobara no ano 2004 (pola súa mala conciencia despois da catástrofe do Prestige). Desde o BNG da Laracha temos que indicar que o retraso que se produciu para a construción do Parque Empresarial da Laracha é responsabilidade do Partido Popular, pois con ese partido no goberno da Xunta de Galiza non se deu nin un só paso, unicamente se incluiu na literatura dese “plan virtual”, sen compromiso orzamentario algún.
o retraso que se produciu para a construción do Parque Empresarial da Laracha é responsabilidade do Partido PopularFoi despois da entrada do BNG no goberno da Xunta de Galiza, a partir do mes de xullo de 2005, cando a Conselleira nacionalista de Vivenda e Solo, Teresa Táboas, comezou a traballar no asunto, e impulsou un acordo co empresario propietario da maior parte dos terreos, para que ao fin este proxecto poidese ser unha realidade.
Logo, evidentemente a administración ten os seus trámites e os tempos ás veces son lentos, pero para que as cousas avancen hai que dar pasos, e os pasos comezaron a darse co BNG no goberno da Xunta de Galiza. Acadouse o acordo, logo fíxose o proxecto sectorial, someteuse a información pública, solicitáronse e recibíronse todos os informes sectoriais pertinentes, aprobouse definitivamente o proxecto sectorial, e finalmente, SEA sacou a concurso a redacción do proxecto e a execución da obra e adxudicouna a finais do ano pasado. Esa é a realidade das cousas, todos os pasos que se deron foron nos catro anos de goberno bipartito e co BNG na responsabilidade da Cosellería de Vivenda.
Tamén o BNG, desde a Vicepresidencia da Xunta de Galiza, deixou aprobado o proxecto para a construción do Centro de Día na Laracha. Precisamente, quedou aprobado o proxecto, e non se sacou a concurso a execución do mesmo ao convocarse as elecións e non considerarse oportuno que un goberno en funcións licitase este proxecto, mais a verdade é que agora, logo de volver o Partido Popular ao goberno da Xunta, non volvemos saber máis nada do Centro de Día-Residencia da Laracha.
o BNG, desde a Vicepresidencia da Xunta de Galiza, deixou aprobado o proxecto para a construción do Centro de Día na LarachaComo noutras tantas cousas, aquí parece que tamén o Partido Popular está inactivo, non sabemos se este proxecto se mantén, non sabemos se o Centro de Día-Residencia que o BNG deixou aprobado vai ser construído na Laracha, ou tamén vai ser vítima da “política de austeridade”, como o helicóptero que se ía adquirir para a Costa da Morte e que o P.P. paralizou.
Desde o BNG queremos pensar que o Centro de Día – Residencia vai ser construído, xa que o proxecto quedou aprobado e ademáis o P.P. prometeu na campaña electoral que ía dotar de Centros de Día a todos os concellos de máis de 1500 habitantes. Pero a verdade é que o P.P. leva prometido tantas cousas…., e durante tantos anos…..

