Xoán Sande visita as obras de accesibilidade no pavillón da Laracha, que financia a Deputación da Coruña

O Deputado Provincial e Portavoz do BNG na Laracha, Xoán M. Sande, visitou as obras de eliminación de barreiras arquitectónicas que se están a desenvolver no pavillón polideportivo da Laracha, e que están financiadas integramente pola Deputación da Coruña, a través do "Plan de Eliminación de Barreiras Arquitectónicas" posto en marcha desde a Área de Benestar Social que o deputado larachés dirixe.

As obras, cun presuposto de 90.000 euros, están financiadas na súa totalidade pola Área de Benestar Social da Deputación, que dirixe o deputado larachés do BNGTrátase dunhas obras, cun presuposto de 90.000 euros, mediante as que se pretende conquerir a plena accesibilidade para as persoas con algún tipo de discapacidade ou con mobilidade reducida, tanto á pista como ás gradas deste pavillón, de xeito que poidan utilizalo para practicar deporte ou acudir como público aos distintos eventos. Para iso, ademáis de habilitar unha entrada plenamente accesíbel, cunha rampa de acceso e un elevador que permite subir ata a grada ou baixar ata apista, tamén se crean aseos e duchas adaptados e asímesmo habilítanse dúas prazas de aparcamento perto desta entrada.

A Área de Benestar Social da Deputación adicou 3 millóns e medio de euros durante este ano 2009 a este plan, dirixido a todos os concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, co que se pretende que as instalacións municipais se fagan totalmente accesíbeis para garantir o dereito á igualdade de oportunidades para todas as persoas. No orzamento para o vindeiro ano 2010, recentemente aprobado pola Corporación da Deputación, inclúese unha nova partida de 2 millóns de euros, que permitirá completar este "Plan de Eliminación de Barreiras Arquitectónicas", e que para o concello da Laracha incluirá unha segunda actuación, neste caso na escola unitaria de Montemaior na que se acometerán as obras de accesibilidade que serán tamén financiadas integramente pola Deputación desde a área que dirixe o portavoz municipal do BNG.

facebook  twitter  digg  technorati  yahoo  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]