O BNG da Laracha reclama o arranxo da estrada Comarcal 552O Grupo Municipal do BNG da Laracha presentou unha iniciativa mediante a que demanda o arranxo da estrada Comarcal 552 (A Coruña-Fisterra), ao seu paso polo noso termo municipal. O estado no que se atopa esta vía de comunicación fundamental para o noso concello é absolutamente lamentábel, e desde o BNG esiximos que se aborde de xeito prioritario o seu arranxo.
O BNG demanda que a cita telefónica para o médico de cabeceira sexa atendida por persoas e non por unha máquinaalign="justify">O Grupo Municipal do BNG presentou unha iniciativa para ser debatida no próximo Pleno da Corporación, para demandar da Xunta de Galiza melloras na atención sanitaria no noso concello. O BNG insta á Xunta do PP a dar marcha atrás nas súas iniciativas privatizadoras e de recortes. Queremos que os veciños e veciñas da Laracha poidan pedir cita para o médico por teléfono, xa que desde a posta en marcha da "Central de Chamadas" para moita xente isto resulta imposíbel. Demandamos que volvan ser traballadoras e traballadores do Sergas os que atendan a cita previa, que se substitúa ao persoal do Centro de Saúde da Laracha e o Consultorio de Caión nas baixas, vacacións e permisos, e tamén que se dote ao Centro de Saúde da Laracha de consultas médicas e servizo de cita previa en horario de tarde, igual que todos os demais concellos de máis de 10.000 habitantes.
O BNG presentou unha iniciativa no Parlamento Galego, mediante a que pide explicacións ao goberno galego dos procesos abertos contra o Alcalde da Laracha, o Patrón Maior da Confraría de Caión e a Conselleira do Mar. O Portavoz do Grupo Parlamentar do BNG, Carlos Aymerich, xunto co Portavoz Municipal na Laracha, Xoán M. Sande, presentaron en rolda de prensa esta iniciativa.
O PP da Laracha di que hai que arranxar a Praza do Xeneralísimo, que eles mesmos destrozan cos seus vehículos particularesO BNG da Laracha oponse aos peores orzamentos municipais da historia [...]
O BNG presenta enmendas aos orzamentos da Xunta para investimentos básicos na Laracha [...]
PROXECTO ORZAMENTOS XUNTA DE GALIZA 2012: As promesas incumplidas do PP na Laracha [...]
O Partido Popular da Laracha aproba novas subidas de impostos [...]
O BNG da Laracha e Galiza Nova reivindican na Praza do Generalísimo da Laracha a eliminación da simboloxía franquista e a recuperación da memoria dos represaliados [...]
O Partido Popular sobe o prezo da auga, a recollida de lixo e outras taxas aos veciños da Laracha, mentras se opón a cobrarlle o imposto de patrimonio aos ricos [...]
O BNG presenta unha iniciativa para mellorar o financiamento dos concellos [...]
O BNG da Laracha presenta unha iniciativa contra a subida do imposto de transmisións que pretende a Xunta do PP [...]
O BNG reclama que se oferten a totalidade das prazas do Centro de Día-Residencia da Laracha [...]
O BNG da Laracha esixirá ao Partido Popular que cumpra o seu compromiso de construír un novo edificio no Colexio Otero Pedrayo [...]
O GOBERNO MUNICIPAL DO PP COSTARANOS A TODAS AS LARACHESAS E TODOS OS LARACHESES 230.000 EUROS AO ANO [...]
Partido Popular: recortes nos servizos públicos e despilfarro en propaganda [...]
O BNG da Laracha demándalle á Xunta do PP que non recorte as axudas ao sector agro-gandeiro [...]
O BNG da Laracha pon en evidencia ao goberno municipal pola súa desastrosa xestión no asunto do Campo de fútbol de Caión [...]
A parálise absoluta da Xunta do P.P. na aplicación da Lei de Dependencia [...]
O BNG da Laracha presenta varias iniciativas para demandar melloras nos centros de ensino do noso concello [...]
O Partido Popular rexeitou as propostas do BNG para fomentar a creación de emprego no concello da Laracha [...]
O BNG reclama melloras sanitarias para A Laracha [...]