Urximos ao Goberno Municipal a ofertar unha parcela para o novo Colexio do Milladoiro

Ames, 5 de marzo de 2010. O Goberno municipal debe adoptar as medidas necesarias para ofertar unha parcela á Xunta de Galiza para a construción dun novo Colexio de Primaria no Milladoiro.

Ante a situación crítica da oferta educativa en primaria no Milladoiro, estas decisións municipais non se poden demorar
Ante a situación crítica da oferta educativa en primaria no Milladoiro, estas decisións municipais non se poden demorar, para que a Consellaría de Educación conte coa parcela e poida valorar a súa adecuación. Por tanto urxe que o Goberno Municipal actúe con dilixencia.


O escrito remitido pola Consellaría require unha parcela de 12.150 m² como mínimo, que será valorada polos técnicos da mesma, para proceder posteriormente á súa aceptación e confección do programa de necesidades.

Manifestamos a nósa disposición a colaborar na procura desta parcela
Manifestamos a nósa disposición a colaborar na procura desta parcela, co obxecto de que os rapaces e rapazas do Milladoiro poidan escolarizarse neste núcleo urbano


“Os tres grupos municipais da Corporación temos que facer un esforzo de colaboración, co obxecto de contar canto antes con este equipamento escolar” afirmou  o nóso Portavoz municipal,  Xosé M. Fernández.

Xosé M. Fernández: "Temos que facer un esforzo de colaboración para contar, canto antes, con este equipamento escolar"
Galdrachán  ou o entorno do Polígono Novo Milladoiro

Consideramos como posibles alternativas de ubicación deste novo colexio de primaria do Milladoiro, os entornos do Polígono Empresarial Novo Milladoiro, e a zona de Galdrachán, na estrada de Ventín.  Cómpre que o Goberno Municipal, e concretamente o Concelleiro de Urbanismo, faga as xestións urbanísticas necesarias para contar o antes posible coa parcela axeitada.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]