Pedimos a contratación urxente dunha nova empresa para a limpeza no CEP de Ventín

Ames, 18 de marzo de 2010. Pedimos que o Goberno Municipal tome xa a decisión de contratar unha empresa ponte para realizar a limpeza do CEP de Ventín mentres non se adxudica o concurso definitivo a unha empresa na que se poidan subrrogar as actuais traballadoras.

Que ten que suceder para que as autoridades tomen cartas no asunto?
O Concello ten suficientes motivos para rescindir o contrato á actual empresa de limpeza por un incumprimento reiterado das condicións do servizo. Entres estes motivos está o de que desde hai varios meses o Concello ten que custear os produtos de limpeza, produtos que lle corresponderían á empresa.


É inxustificable a prolongación desta situación antihixiénica neste centro escolar, que en calquer momento pode ter consecuencias na saúde dos escolares e dos profesores. Xa neste momento hai dúas baixas laborais de profesores diagnosticadas por alerxias ao pó e aos ácaros, que ten que suceder para que as autoridades tomen cartas no asunto?

Xosé M. Fernández: "O Alcalde e concelleiro de Educación deixa apodrecer conscientemente a situación sen darlle solución algunha"
A actuación das autoridades educativas e sanitarias  da Xunta de Galiza resulta neglixente, ao non ter tomado ningunha medida e manténdose ao marxe dunha situación que pon en perigo sanitario a unha comunidade escolar.


En palabras do nóso Portavoz Municipal, Xosé M. Fernández “Chama a atención tamén  a actitude pasiva do Alcalde e concelleiro de Educación de Ames, Carlos Fernández, que deixa apodrecer conscientemente  a situación sen darlle solución algunha”  e  “contrasta esta situación coa resolución expeditiva adoptada na radio municipal coa contratación laboral de tres traballadores por parte do concello, ante posibilidade do peche deste medio de comunicación”. Acaso é máis importante para o Alcalde a Radio Municipal que a situación hixiénica do CEP de Ventín?

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]