Carta de Xabier Doval aos veciños e veciñas de Antas
Desde as últimas eleccións municipais, no ano 2007, este goberno leva gastado máis de 3 millóns de euros sen que o pleno os aprobaseAnte a decisión tomada polo Alcalde e os Concelleiros do Partido Popular, de investir a totalidade do Fondo Estatal para a Promoción do Emprego e Sustentabilidade Local (FEIL) no Complexo Castrexo de Vilane e na Chousa de Frádegas, véxome na obriga de dirixirme a todas e todos os veciños de Antas a fin de que dispoñades de toda a información e coñezades tamén a postura do Grupo Municipal do BNG.
O goberno popular do noso Concello incumpre constantemente as súas obrigas ante a veciñanza. Sobre todo en materia económica. Como sabedes, os orzamentos do Concello están prorrogados desde o ano 2004. Isto quer dicir, que o alcalde négase a aclarar as contas do Concello. Nega por tanto un dereito de todas e todos os veciños. Explicar claramente a que se adica cada euro! Como tamén recordaredes, o Consello de Contas investigou as contas do concello en dúas ocasións elevando instancia ao Tribunal de Contas ao apreciar irregularidades o que aínda está pendente de resolver.
Esta situación é moi grave e por iso os concelleiros do BNG levamos un ano de protesta, poñéndonos de pé en cada pleno cando se tratan asuntos económicos de trámite. Os cartos do concello son de todos os veciños e veciñas e o Goberno Municipal ten a obriga de dicir en que os vai gastar e como!Desde as últimas eleccións municipais, no ano 2007, este goberno leva gastado máis de 3 millóns de euros sen que o pleno os aprobase. Só se levan a pleno os recoñecementos de débedas, algunhas de máis de sete anos e as transferencias de créditos. Esta situación é moi grave e por iso os concelleiros do BNG levamos un ano de protesta, poñéndonos de pé en cada pleno cando se tratan asuntos económicos de trámite. Os cartos do concello son de todos os veciños e veciñas e o Goberno Municipal ten a obriga de dicir en que os vai gastar e como! Esa é a finalidade última dos orzamentos!.
O endeusamento e ensimesmamento deste Alcalde lévanos a ser un Concello endebedado e hipotecado polos custes laborais, cun Rexedor illado polos seus propios compañeiros de partido. Demostrándose isto pola súa incapacidade para conseguir financiamento da Xunta de Galiza para sacar adiante proxectos como o Complexo Castrexo de Vilane despois de máis de 10 anos. Só nese contexto de incoherencia política e sobre todo económica, se xustifica o gasto de máis de 1 millón de euros ingresados extraordinariamente neste último ano, sen proveito para a veciñanza (Plan E, INTERREG III e FEIL). Ben que se lle podería ter dado un pulo case definitivo aos saneamentos e as novas traídas de auga, ou a mudar as redes que aínda hai de uralita (que por certo ten amianto).
Non hai ningunha outra razón coherente que xustifique que se dilapiden máis de 100 millóns de pesetas (600.000€) na finca que doou o Tenente de Alcalde, primeiro para un suposto (alí non hai nada, está para ver) Centro de Ecoloxía aplicada con 400.000 €, e un ano despois no mesmo sitio enterremos case 200.000 € máis coa desculpa das propiedades curativas da auga.Xa o ano pasado no Plan E queixámonos polo gasto en campos de festa, que ao igual que arranxos en camiños e pequenas actuacións teñen encaixe perfectamente no plan de colaboración da Deputación coas comunidades veciñais. Como se demostrou cos puntos de luz en Vilasión, a Fonte de Chorente, o repartidor de auga de Stª Mariña, accesos en Levesende, os Carreiros, ou con aquelas que se van acometer en Velanxil-Caira, Facha aos pastizais, Stª Mariña, etc… E outras actuacións que se soliciten polos veciños e veciñas, sen ter que gastar nelas fondos extraordinarios como os do Plan-E ou o FEIL actual.
Eu diríalle ao Sr Varela, que cando un está de Alcalde ten que ter máis celo, entrega e responsabilidade na defensa dos intereses de Antas, un pobo que quere mellorar aproveitando ben todos os recursos.Gobernar é administrar de xeito responsábel. E non podemos dicir que se é responsábel cando Cando non se presentan os orzamentos. Cando se esconde a xestión da Empresa pública EPICA para non dar conta dos cartos dos pinos de Barbalde. Cando se segue con cañarías de uralita, sen auga corrente, sen saneamentos, cando non se canalizan as peticións veciñais aos programas da Deputación e se impiden ou poñen trabas a inversións doutras administracións.
E non se é serio e responsable cando se estragan as oportunidades e investimentos como son estes fondos FEIL que pertencen o pobo. No Pleno Ordinario de novembro, Eu mesmo defendín unha iniciativa presentada conxuntamente polos dous grupos da oposición solicitando que se destinaran os fondos a servizos básicos (traídas de auga, saneamentos, etc..), para que se tiveran en conta as peticións dos veciños na selección de obras e para que na adxudicación se conte cos empresarios e industriais do pobo para así promocionar realmente o emprego en Antas de Ulla.
Pois nin servizos básicos, nin solicitudes veciñais nin promoción do emprego. Porque se opuxeron todos os Concelleiros do PP.
• Preténdense gastar 184.000 € na finca de Frádegas para montar unha piscina de chapoteo, con aseos e sala de masaxe.
• Así mesmo, destínanse 83.000€ nos casetos de Vilane para adecuar as instalación aos seguintes fins: 3 deles para Taberna, Cafetería e Cociña e Comedor, outro para exposición e venda de produtos da terra, e os dous circulares a museo etnográfico.
É surrealista. Sobre todo a inversión en Frádegas. Pero isto é o que se vai facer cos máis de 271.000 €.
Estamos veciños, e así o expuxen na miña intervención no pleno, ante a consumación dun dislate político, que só pode ter explicación no habitual pasotismo e improvisación do noso alcalde, acostumado a facer o que lle peta por moi negativo que sexa para o pobo.
Non hai ningunha outra razón coherente que xustifique que se dilapiden máis de 100 millóns de pesetas (600.000€) na finca que doou o Tenente de Alcalde, primeiro para un suposto (alí non hai nada, está para ver) Centro de Ecoloxía aplicada con 400.000 €, e un ano despois no mesmo sitio enterremos case 200.000 € máis coa desculpa das propiedades curativas da auga.
Nos 10 últimos anos tamén levamos investido nos casetos de Vilane máis de 100 millóns de pesetas (600.000€), e agora con este fondo achéganselle case que outros 100.000€ para rematar unhas instalacións que, supostamente, van estar dedicadas á exaltación do autóctono e á hostalaría.
A experiencia destes anos con dúas magostadas, un par de festas e un concerto, dinos que a viabilidade das mesmas é moi dubidosa. Existe ademais o perigo real, tal como se demostrou nestas festas, de facerlle unha competencia desleal aos donos dos bares e restaurantes de Antas,que pagan impostos e xeran riqueza e emprego. Todo un despropósito.
Pregúntome Eu: A onde queren chegar o Sr Varela e o seu equipo de Goberno?. É que se deixan embarcar todos os Concelleiros do PP e ningún é capaz de poñerlle algo de sentidiño? Como poden ser cómplices deste despilfarro?.
Eu diríalle ao Sr Varela, que cando un está de Alcalde ten que ter máis celo, entrega e responsabilidade na defensa dos intereses de Antas, un pobo que quere mellorar aproveitando ben todos os recursos.
Sen máis, quedo a túa enteira disposición, recibe un saúdo afectuoso.
Antas de Ulla a 5 de febreiro de 2010
Xabier Doval


