O BNG de Antas solicita a promoción turística do Concello

Antas, 22 de febreiro de 2010: “O programa km0 da Deputación de Lugo reivindica o papel desta institución e os recursos e valores desta provincia, fomentando o coñecemento da mesma entre os seus habitantes e potenciando a autoestima e orgullo de ser lucense”. Esta é a intención da Deputación en canto a posta en marcha do programa de rutas km0.

No BNG de Antas de Ulla pensamos que non está suficientemente potenciada a riqueza paisaxística, cultural e arqueolóxica do noso Concello,  pois só é percorrida nunha das moitas rutas deste programa; a das Torrentes de Mácara que  inclúe a visita a Santa Mariña.

No BNG de Antas de Ulla pensamos que non está suficientemente potenciada a riqueza paisaxística, cultural e arqueolóxica do noso ConcelloEntendemos que dentro do Programa de Visitas Km 0 non debería de faltar a oferta dunha ruta en Antas para visitar e coñecer o Monte Farelo, que conta a día de hoxe coa máis grande concentración de gravados prehistóricos do interior de Galiza. E no que recentemente se instalou un parque eólico construíndose  asemade unha atalaia desde a que se poden contemplar os vales de Camba, a Ulloa coa serra do Careón ao fondo, así como os do Deza-Tabeirós.

Hai que establecer un Plan de colaboración do Concello coa Deputación provincial a fin de que esta inclúa nas rutas do plan km 0 visitas ao monte FareloNon debemos esquecer que neste itinerario é obrigado o paso polo que está considerado por todos os expertos centro xeográfico de Galicia, O VERDADEIRO QUILÓMETRO 0 DO NOSO PAIS.

Por iso, consideramos necesario propiciar a organización de visitas a este lugar senlleiro de Antas realizando un percorrido que permita poñer en valor os recursos, lugares e xentes do noso pobo , a fin de que este concello deixe de ser un dos máis descoñecidos para os lucenses.

 Por todo isto, o grupo municipal do BNG propón ao Pleno que se adopten os seguintes acordos:

1. Establecer un Plan de colaboración do Concello coa Deputación provincial a fin de que esta inclúa nas rutas do plan km 0 visitas ao monte Farelo.

2. Que nese marco de colaboración se acondicionen estas visitas guiadas a promoción dos produtos autóctonos (pan, queixo, carne, castaña etc… ) e a oferta hostaleira de Antas de Ulla.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]