O BNG demanda información sobre a tramitación do PXOM

Rúa do centro da terceira idade

Antas, 20 de marzo de 2010: O BNG de Antas requiriu da alcaldía para que informe á cidadanía do estado no que se atopa a tramitación do PXOM durante a celebración do pleno extraordinario no que se debateu a proposta da alcaldía de dúas dotacións urbanísticas parciais.

Aspecto da rúa do Centro da terceira idade

Xabier Doval asegura “que o PP non ten un proxecto para Antas pois, a pesar dos acordos adoptados no 2006 que prevían ter o PXOM rematado no 2009, a alcaldía non amosa ningún interese por solucionar este grave problema do Concello, o que provoca unha parálise na construción de novas vivendas en Antas”.

A empresa MONSA debería ter entregado no 2009 a documentación para a aprobación definitiva do PXOMSostén o portavoz que “as normas de urbanismo subsidiarias do ano 78 dificultan enormemente os trámites de axuste. O que demostra ben as claras  cales son as intencións, ao respecto do urbanismo, dun Alcalde que leva no cargo máis de 3 lexislaturas con maioría absoluta, que é non facer nada para evitar os custes políticos”.

O BNG demanda do goberno municipal que solucione este grave problema de Antas que está provocando unha parálise no sector da construción, xa moi afectada pola crise actual.A falta do PXOM, segundo os nacionalistas, provoca a indefensión dos cidadáns que queiran construír así como aos propietarios dos terreos pois descoñecen a situación urbanística das súas parcelas. “dáse o paradoxo de que hai xente que quere edificar e ten que esperar pola licenza máis dun ano, cando en Antas non hai problemas de solares precisamente

As rúas afectadas polos Plans especiais de dotacións, carecen de  servizos a pesar de que nunha delas hai 30 anos que está o edificio do Centro da Terceira Idade e na outra, o chamado camiño de San Xorxe está sen asfaltar. No BNG consideramos necesario estas dotacións pero estimamos que deberían estar encardinadas dentro do PXOM, e en todos os casos afectar as dúas rúas na súa totalidade e non facer parches que deixen os veciños igualmente sen servizos.

Manifesta Doval que “non é de recibo que se urbanice una rúa a carón da Residencia da 3ª idade 30 anos despois da súa construción, e se acometa a acera dun lado soamente, ou que se leven os servizos para un futuro equipamento e se deixe a 10 metros e na mesma rúa a única vivenda que hai sen saneamento nin os demais servizos”.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]