Ana Miranda visitará xunto aos concelleiros de Antas a Finca de Frádegas onde se investiron fondos europeosO próximo domingo 22 de agosto de 2010 ás 11:45 horas os concelleiros do BNG de Antas e a futura europarlamentaria Ana Miranda realizarán unha andaina desde Santa Mariña ata a finca de Frádegas onde se investiron fondos europeos e se pretendeu facer un "Centro de Ecoloxía Aplicada".
O BNG de Antas denuncia o pasotismo do Alcalde ante as caídas de tensión na rede eléctricaalign="justify">O BNG considera que o goberno municipal non está dando os pasos necesarios para solucionar as deficiencias no servizo eléctrico que afectan a diversos lugares como á estrada de Vilasión en Antas ou a Santa Cristina, onde de noite a potencia eléctrica non é capaz de manter acesa a luz.
Solicitamos que se tomen as medidas necesarias por parte das administracións competentes e da empresa subministradora a fin de que a veciñanza poida ter un servizo de calidade.
O BNG de Antas edita un novo boletínXa está nos domicilios dos veciños e veciñas de Antas de Ulla o boletín nº 23 de xullo de 2010.
O ordeamento urbanístico e o polígono industrial, os investimentos e o arranxo de pistas son algúns dos artigos desta nova edición do "bloque".
Así mesmo entrevistamos a Gonzalo Sánchez Vilariño de Barreiro e na contracapa vai un artigo do portavoz nacional Guillerme Vázquez sobre a necesidade dun Estatuto de Nación para unha Galiza de Primeira.
Andaina do BNG para denunciar o abandono da Finca de Frádegas logo de investir alí 400.000 eurosOs concelleiros do BNG acompañados por Ana Miranda - Voceira do BNG no Parlamento Europeo - e veciños de Antas realizaron unha exitosa xornada de andaina desde Santa Mariña ata a Finca de Frádegas onde o goberno do PP pretendía facer un "Centro Sustentable de Ecoloxía Aplicada" pero que a día de hoxe está sen rematar e totalmente abandonado. [...]