O BNG demanda a retirada da actual proposta de reforma das pensións de xubilación
O BNG non está a favor de incrementar a idade de xubilaciónA moción presentada polo concelleiro Xosé Manuel Casal trata sobre a proposta do Goberno do Estado sobre a revisión do Pacto de Toledo, onde se propoñen diferentes medidas, sendo a máis relevante o incremento da idade legal de xubilación dos 65 anos actuais aos 67. A xustificación é a obrigación de garantir o sistema público de pensións. Mais o obxectivo do Goberno do Estado ao presentar a reforma é contentar aos mercados e devolver a confianza aos investidores internacionais sobre a solvencia do Estado español, e polo tanto dar garantías aos mercados financeiros de que o Estado ten capacidade para financiar a súa débeda pública no futuro. Segundo o Goberno Central, o aumento da esperanza de vida e o futuro incremento do número de persoas anciáns porá en perigo a viabilidade futura do Sistema de Pensións. Sendo certo que as estimacións indican que crecerá o número de pensionistas no futuro, trátase dun argumento retorcido, incompleto e erróneo, que non ten en conta outros factores, como os seguintes:
Presentación da moción no local do BNG
O obxectivo desta reforma é acabar co carácter público do sistema de pensiónsPor iso solicitamos que o concello inste á Xunta de Galiza a que demande do Goberno central que retire a actual proposta sobre a Reforma das Pensións, contemplada no “Documento sobre revisión do Pacto de Toledo”, así como que se apoioen as mobilizacións en contra da actual proposta de reforma do Sistema de Pensións.
Pódese descargar a moción completa no enlace de abaixo.

