Novas

  

O BNG no Rosal solicitará a restitución de axudas aos concellos en materia de normalización lingüística

O BNG no Rosal solicitará que o Pleno inste á Xunta a restituír as axudas aos concellos en materia de normalización lingüística.
A iniciativa presentada hoxe polos nacionalistas no Rosal, xurde diante da recente decisión da Xunta de eliminar estas axudas mediante unha orde do pasado día 7 deste mes.
Segundo o voceiro nacionalista, Alberte Alonso Pereira, estas axudas víñanse concedendo anualmente desde hai moitos anos, e permitían que algúns concellos contasen con servizos de normalización lingüística, ou desenvolvesen actividades de promoción e dinamización do noso idioma. [+]


O BNG alerta da falta de concreción do Goberno español no dragado do Ferry

O Bloque Nacionalista Galego alerta á sociedade guardesa da falta de concreción da solución provisional do dragado do río que está a anunciar o Alcalde da Guarda nos medios de comunicación.
Na comunicación recibida no Concello da Guarda de parte do Ministerio de Medio Ambiente fálase dun compromiso da Dirección Xeral de Sostenibilidade da Costa e do Mar para colaborar, xunto coas demais administracións, para acometer as actuacións necesarias para manter o servizo do ferry a curto prazo.
Para o BNG esta comunicación xera moitas dúbidas, dado que en ningún momento se fai mención a prazos de execución e a dotación orzamentaria necesarios para levar a cabo o dragado. O portavoz do BNG, Xan Lois Lomba, advertiu deste aspecto nunha reunión mantida no concello da Guarda e que coincide coa esixencia da Presidenta da Câmara Municipal de Caminha de que se lle comunique por escrito os prazos aproximados de execución das obras. [+]


O BNG entrevístase coa Presidenta da Cámara de Caminha para tratar problemática do Ferri

Cando o pasado 26 de agosto o rexedor Guardés comunica á Cámara de Camiña que non se realizará un novo dragado do río apóiase nun informe ambiental segundo o cal sería preciso realizar un estudo de impacto ambiental antes de autorizar o novo dragado, estudo que se demoraría un ano en seren realizado. O que os nacionalistas consideran máis grave é que o mencionado estudo ten data de 16 de xuño... Segundo o BNG non ten xustificación algunha que sendo coñecedores dende xuño desta situación teñan ocultado durante todo o verán a realidade, sabían que a canle non será dragada e o servizo do Ferri non poderá continuar. O Alcalde da Guarda terá que explicarlle á poboación por qué non fixo pública esta información. [+]


O BNG denuncia erros no cobro dos impostos municipais do Rosal que lle causan prexuízos aos veciños

O BNG Rosal ven de presentar no Rosal unha proposta no rexistro de entrada do concello, na que solicita “maior rigor na xestión e cobro dos recibos de impostos municipais”, co fin de evitar os prexuízos que se lle causa a veciñanza.

Segundo os nacionalistas, no último mes de agosto, “foron varios os veciños que se puxeron en contacto con nós, e tamén temos visto varios escritos no rexistro de entrada, denunciando a duplicidade e erros nos obxectos tributarios de recibos xestionados por unha empresa privada e polo catastro que despois cobra a ORAL”. [+]


O BNG responsabiliza ao Goberno español e ao Alcalde da Guarda da actual situación do ferry

Ante as preocupantes noticias que aparecen en distintos medios de comunicación sobre a suspresión do servizo de ferry entre A Guarda – Caminha, o Bloque Nacionalista Galego considera que existe unha responsabilidade directa por parte do Alcalde da Guarda e do Goberno español do PSOE.
O BNG leva denunciando e advertindo dende hai tempo esta situación e da falta de implicación das distintas administracións tanto local, autonómica como estatal.
O BNG presentou en febreiro do ano 2010 unha moción na que se solicitaba un compromiso firme e público do Goberno español coa continuidade do ferry A Guarda-Caminha. Asemade, solicitábase que se realizaran os estudos pertinentes para a realización dun dragado que faga compatíbel o transporte e a actividade pesqueira no río Miño. [+]


O BNG agradece o apoio da veciñanza de Oia no pleno do movemento 26A: operación 7 tazas.

A orde do día do pleno só incluía como asunto relevante a aprobación dos festivos locais de Oia para o ano 2012, pero tiña como aliciente a convocatoria feita por Miguel Giráldez, concelleiro do BNG, da operación “7 tazas”, para que a veciñanza acudise o salón de plenos con cámaras en resposta o incidente do último pleno no que o alcalde tentou impedir a gravación.
O pleno comezou coa aprobación da acta da sesión anterior, punto que Miguel Giráldez aproveitou para espetarlle o alcalde “ que nos próximos 4 anos o BNG ten pensado facer unha labor social, facendo que o alcalde se comporte de xeito respectuoso e democrático coa oposición”. [+]