Novas
Bergantiños estará presente con unha numerosa delegación na XIII Asemblea Nacional do BNG
“A forza que Galiza precisa” é o lema do conclave que terá lugar os próximos días 28 e 29 de xaneiro no recinto feiral de Amio (Santiago de Compostela) [+]
O BNG demanda que a cita telefónica para o médico de cabeceira sexa atendida por persoas e non por unha máquina
O Grupo Municipal do BNG presentou unha iniciativa para ser debatida no próximo Pleno da Corporación, para demandar da Xunta de Galiza melloras na atención sanitaria no noso concello. O BNG insta á Xunta do PP a dar marcha atrás nas súas iniciativas privatizadoras e de recortes. Queremos que os veciños e veciñas da Laracha poidan pedir cita para o médico por teléfono, xa que desde a posta en marcha da "Central de Chamadas" para moita xente isto resulta imposíbel. Demandamos que volvan ser traballadoras e traballadores do Sergas os que atendan a cita previa, que se substitúa ao persoal do Centro de Saúde da Laracha e o Consultorio de Caión nas baixas, vacacións e permisos, e tamén que se dote ao Centro de Saúde da Laracha de consultas médicas e servizo de cita previa en horario de tarde, igual que todos os demais concellos de máis de 10.000 habitantes. [+]
25 de novembro, Día da non violencia contra as Mulleres
Dende o BNG E Galiza Nova de Bergantiños e queremos manifestar o noso rexeitamento, neste e calquera día do ano, ao terrorismo machista como é a violencia de xénero, que acaba con máis de 70 mulleres ao ano en todo o Estado Español.
Declaración do BNG no 25 de Novembro, Día da Non Violencia contra as Mulleres [+]
Guillerme chama en Carballo a concentrar o "voto galego e de esquerdas" no BNG para "non cometer o erro de ir aínda máis á dereita"
"Postos a aforrar, aforremos na asignacion do Estado á Casa Real. Se hai alguén que si ten vivido por enriba das súas posibilidades, ése é Urdangarín" [+]
Hoxe en Carballo mitin central do BNG ás 21:00 horas, no Pazo da Cultura
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) celebra hoxe o seu mitin central en Carballo e no que intervirán o Alcalde de Carballo e candidato ao Congreso Evencio Ferrero, do BNG de Laxe Xulia Mira, a Concelleira do BNG na Laracha e membro da Executiva Comarcal Carolina Castiñeiras, o Portavoz Nacional do BNG Guillerme Vázquez, e o Deputado e candidato ao Congreso Francisco Jorquera.
Xoves, 10 de novembro ás 21:00 horas no Pazo da Cultura
O BNG da Laracha abre a precampaña cun acto sobre os recortes no ensino
A precampaña para as vindeiras eleccións xerais iniciase na Laracha cun acto público acerca dos recortes orzamentarios que o Partido Popular ven efectuando desde que goberna na Xunta de Galiza, especialmente no que son os servizos sociais básicos, e especialmente no ensino público.
No acto interviron o noso portavoz municipal, Xoán M. Sande, a deputada Carme Adán e Evencio Ferrero, Alcalde de Carballo e candidato ao Congreso polo BNG. [+]

