Novas
CantaClaro. O noso voceiro, novo nº xa na rúa.
Novo número do noso voceiro municipal con valoración do que levamos de lexislatura, as nosas propostas, ... descargao aquí e informate. [+]
A Xunta recua e amañara a ponte do Pedrido en 2012
Logo das nosas denuncias e de que o Pleno aprobase unha moción (coa abstención do PP) instando a súa reparación, a Xunta anunciou por medio da súa delegada territorial unha inversión de 2,3 millóns de euros no 2.012 para varias actuacións de arranxo da Ponte do Pedrido. [+]
Bergondo, un dos máis afectados pola suba do IBI imposta por Rajoy
O incremento no gravame do IBI (Imposto de Bens Inmobeis) aprobado polo goberno de Rajoy traducese nunha suba dun 11,11% en 2.012 e un 33,33% en 2.013, fortisima suba que non se xustifica no contexto actual de crise económica.
O BNG levará este asunto para ser tratado no Pleno solicitando medidas encamiñadas a solucionar este problema, e en caso de que a suba sexa inevitable permita un incremento máis gradual e repartido. [+]
A Xunta non recolle nos seus orzamentos do 2012 a reparación da Ponte do Pedrido
Nos orzamentos presentados recentemente pola Xunta de Galicia para o vindeiro exercicio de 2.012 non se consigna nin un só euro en ningunha partida para a reparación da Ponte do Pedrido. A pesar das promesas que se teñen manifestado nos medios de comunicación por parte do goberno municipal de Bergondo e da propia Xunta, no sentido de que 2.012 sería o ano da solución do grave problema e inminente risco que corren os veciños da zona por causa dos desprendementos de cascotes que se producen dende gran altura na citada ponte, a Xunta fai oídos xordos ante un auténtico e grave perigo para a seguridade das persoas.
Dende o BNG de Bergondo denunciamos esta terrible desidia, neglixencia e desprezo cara aos bergondeses por parte das autoridades competentes na materia e comprometémonos a presentar, a través do grupo do BNG do parlamento de Galicia, a correspondente emenda aos orzamentos para que se recolla unha partida de cartos específica e suficiente para a reparación da ponte o antes posible. [+]
Salvemos a praia de Gandario (alegacións do BNG)
O BNG COMPROMETESE NA DEFENSA DO PATRIMONIO AMBIENTAL E ESTRATEXICO PARA A ECONOMIA DE BERGONDO [+]
Coas propostas do BNG aprobadas hoxe o Concello aforrara máis de 100 mil € anuais
O compromiso que o BNG de Bergondo arrancou do equipo de goberno (formado por PSOE e VB) no sentido de que aplicarán – en materia de aforro enerxético - as receitas propostas polo noso grupo, terá como consecuencia que o concello conseguirá aforrar máis de 100.000 euros anuais na factura da luz; mediante o paso inmediato dos contratos ao mercado libre e outras medidas como son a elaboración dunha auditoría enerxética que sitúe todos os puntos de luz, contadores, determinando os puntos chave onde máis se consume, luminarias en terreos privados etc.; revisión tarifaria, escollendo a tarifa que mellor se adapte en cada caso; plan de substitución de luminarias por outras máis eficientes etc. [+]

