Valoración do presuposto 2010

Cee, 22 de decembro do 2010. A corporación de Cee aprobou o presuposto do concello para o ano 2010, en sesión celebrada no Salón de Plenos do Concello o xoves 17 de decembro. O BNG votou en contra destes orzamentos, que saíron adiante co único apoio do grupo de goberno.

Hai unha chea de argumentos que fundamentan o voto negativo do noso grupo. Sen dúbida, un dos máis importantes é o gasto incontrolado do goberno, que está a conducir ao concello cara á bancarrota.

 O Concello de Cee cobrará por durmir no albergue, malia que non cumpre coa legalidade

Mércores, 3 de novembro. O pasado venres 30 de outubro o pleno de Cee tratou o regulamento do albergue municipal e a taxa para a súa utilización. Un albergue que non cumpre coa normativa galega para este tipo de instalacións.

 Unha oportunida perdida

Cee, 26 de novembro de 2009. O BNG de Cee votará en contra das propostas de denominación de rúas que aprobaron o resto dos grupos municipais na comisión informativa calebrada o xoves, 26 de novembro. Non se pode falar de consenso cando nin sequera se teñen en consideración as propostas presentadas por un dos grupos.

O BNG de Cee mostra a súa enorme disconformidade co goberno local no proceder en canto ao Campo de Futbol Municipal.

Nestes momentos, o terreo de xogo encontrase impracticable, é imposible xogar un partido alí, e só e unicamente porque o concello e incapaz de facer (como en tantas outras infaestructuras como depuradoras, estradas, aceiras, sumidoiros, etc...) un mantemento axeitado.  [...]

teletipos

  • O goberno municipal tómalle o pelo aos ceenses coa TDT [...]

  • Reparto caciquil dos discos de estacionamento [...]

  • O calendario do alcalde [...]

tele bng