Novas

  

Xabier Paz defendeu a posición en contra da praia artificial do BNG

Corcubión 24 de Xaneiro do 2012.     QUE NÓS VEÑAMOS HOXE AQUÍ CON ESTAS CAMISETAS NON É UNHA PANTOMIMA. CA QUE ESTÁ CAENDO E SIN UN PESO, RECORTANDO EN  EDUCACIÓN, SANIDADE E SERVIZOS SOCIAIS A VERDADEIRA PANTOMIMA É A DO BOE QUE PUBLICA A DECISIÓN DUN GOBERNO EN FUNCIÓNS DE INVERTIR 1.100.000 € NUNHA PRAIA ARTIFICIAL EN CORCUBIÓN. 
PRESENTAMOS ESTA MOCIÓN POR SI ALGUÉN SE VOLVE TOLO EN MADRID E DECIDEN TIRAR TODOS ESES CARTOS NESTA PRAIA ARTIFICIAL. HAI QUE SER PREVENIDOS. QUE SAIBAN QUE NON QUEREMOS ESTE ATENTADO ECOLÓXICO. [+]


O BNG promoverá que os veciños e veciñas determinen onde construír o novo cemiterio de Corcubión

Lamentan que o alcalde faga as cousas ás costas da Corporación e continúe exercendo con prepotencia e desprezo á veciñanza

Corcubión, a 17 de xaneiro de 2012.       O portavoz municipal do BNG de Corcubión, Oscar Insua, asegurou hoxe que "promoveremos que os veciños e veciñas do noso concello decidan maioritariamente o lugar onde construír o novo cemiterio". Dixo ademais que "o alcalde está a preparar, como un exemplo máis do escurantismo da súa xestión, actuacións sobre o novo cimeterio sen ter o acordo da maioría da Corporación nin o asentimento veciñal".

 [+]


OBNG solicita un pleno extraordinario para rechazar o proxecto da praia artificial do alcalde

 

O portavoz municipal Oscar Insua, declarou que “parece que o alcalde non se da por enterado de que o pobo non quere ese proxecto...

Corcubión, a 14 de decembro de 2011. Hoxe o grupo municipal do BNG solicitou a convocatoria dun pleno extraordinario para aprobar unha moción que rechaza de novo a execución do proxecto para facer unha praia artificial no malecón de Corcubión. O pasado día 3 de decembro a Dirección Xeral de sustentabilidade da costa e do mar publicaba a aprobación definitiva do proxecto, unha publicación que demostra a nocturnidade coa que actuou o alcalde cando dicía que o proxecto estaba paralizado [+]


O PSOE mantén a dobre vara de medir na Operación Orquesta

 Oscar Insua, manifestou que “Saímos coas mesmas impresións coas que entramos no pleno.

 

Corcubión, a 12 de novembro de 2011. O BNG de Corcubión, logo de escoitar as explicacións do alcalde sobre a súa implicación na “operación orquesta” no pleno celebrado esta semana, considera que poucas cousas quedaron claras, xa que afirmou que puido haber erros na tramitación, pero non dixo cales, e confirmou que sabía do mantemento gratuíto dos xardíns municipais, mentres que na declaración xudicial seica o negou. O BNG non vai facer ningún xuízo paralelo sobre este asunto nin vai a sentenciar, porque eso é tarea exclusiva dos xulgados, e dende logo apelamos á presunción de inocencia mentres non haxa sentencias que demostren o contrario.  [+]


O BNG solicitará un pleno extraordinario para que o alcalde dé contas sobre a suá imputación

Oscar Insua declarou que “facemos un acto de responsabilidade política a prol da transparencia e do dereito á información que teñen os cidadáns, pois un non pode calar cando ten cargos públicos, e parece que eso é o que está pasando en Corcubión”

 

Corcubión, a 2 de novembro de 2011. Xa vai unha semana dende que o alcalde declarou como imputado na investigación por corrupción nos xulgados de Corcubión, e a corporación municipal, a cal representa, non recibiu ningún tipo de explicación sobre a súa imputación polos presuntos delitos de prevaricación e tráfico de influencias [+]


O Concello ocultou dúas multas de 45000 euros durante meses

Oscar Insua: “Corcubión ten que saber que este alcalde nos sae moi caro” 
 

Corcubión, a 28 de Outubro de 2011.     O goberno municipal de Corcubión ocultou dúas multas que suman 45.000€ impostas pola Secretaría de Estado de telecomunicacións e para a sociedade da información, por unha infracción administrativa de carácter grave ligada a falla de autorización administrativa do radioenlace da Radio Neria. A sanción notificouselle ao concello o 6 de maio de 2011, polo que o BNG entende que o alcalde evitou darlle publicidade antes das eleccións municipais. [+]