Novas

  

Pleno municipal de xaneiro

Culleredo, 25 de xaneiro de 2012.- Mañá xoves 26, ás 20.30h, terá lugar na Casa do Concello de Tarrío o pleno correpondente ao presente mes, que inclúe, outros puntos, a modificación da ordenanza fiscal da taxa por distribución de auga, o regulamento do servizo de auga potable, a conta xeral do exercizo 2010 e unha moción conxunta BNG-PSOE contra a suba do IBI acordada polo goberno do Estado. [+]


Aprobados os orzamentos para 2012

Culleredo, 30 de decembro de 2012.- Onte aprobáronse os orzamentos municipais para o ano 2012, que diminúen ata os 20.314.844,63€, un 12,07% menos que o ano 2011, dentro dun plan de redución do gasto posto en marcha polo goberno municipal, mentras aumenta a partida destinada directamente a gasto social, que chega ao 9,24% do total. [+]


Pleno municipal

Culleredo, 28 de decembro de 2011.- Mañá xoves 29, ás 20.30h, terá lugar na Casa do Concello de Tarrío o pleno dos orzamentos, quizais o máis importante dos que se celebran anualmente, pois marca o que será a actividade municipal do próximo ano. [+]


Graves irregularidades no Centro de Día do Burgo

Culleredo, 22 de novembro de 2011.- O Concello de Culleredo esixe explicacións urxentes á Xunta de Galiza tras recibir informacións de graves irregularidades no centro de día do Burgo por parte de usuarios e usuarias, como a contratación de persoal non cualificado e a non existencia de peroal de limpeza. 

O Concello requeriulle, sen éxito, información á Xunta sobre a situación do Centro, polo que Raquel Jabares, portavoz do BNG e Concelleira de Benestar, asegurou que o Concello chegará “onde faga falta” para esclarecer os feitos. [+]


Xornada de Saúde Mental en Culleredo

Culleredo, 6 de novembro de 2011.- O pasado xoves tivo lugar en Culleredo a X Xornadas de Saúde Mental, organizada polo Consorcio das Mariñas, e que foron presentadas e moderadas por Rocío Sampedro, concelleira de sanidade do BNG.

O lema elixido para este ano pola OMS foi "O gran empuxe: inversión en saúde mental", que reflicte a necesidade de recursos neste eido. Como reflicte o compromiso do BNG coa sanidade a presenza entre o público de destacados representantes, como a parlamentaria Ana Luísa Bouza, e varios membros do Consello Comarcal. [+]


Culleredo incrementa a partida orzamentaria para situacións de emerxencia

Culleredo, 4 de novembro de 2011.- O Concello de Culleredo, fiel ao compromiso de garantir as necesidades básicas das súas veciñas e veciños, decidiu modificar o orzamento municipal de 2011 para aumentar a partida destinada ás axudas para situacións de emerxencia social, mediante un axuste das partidas encadradas na área de Benestar Social, que dirixe a nacionalista Raquel Jabares O fondo pasa dos 76.000 aos 103.000 euros para cubrir as solicitudes de axuda tramitadas ante o Concello.

Para Raquel Jabares, esta decisión contrasta “por desgraza” coa “pobre aposta” da Xunta de Galicia, onde o goberno do Partido Popular reduciu un 3,78% o gasto social con respecto a 2010. [+]