Novas

  

O BNG quere levar o alumeado público a todo o rural

Ferrol, 15 de maio de 2011.- O BNG celebrou hoxe tres novos mitins nos barrios de San Xurxo, Esmelle e Covas, onde o candidato á Alcaldía do Concello de Ferrol, Xoán Xosé Pita, estivo acompañado nas súas intervencións polos outros membros da candidatura, Mercedes Tobío, Lois Sánchez e Paula Rexina. [+]


O BNG pretende dar un impulso definitivo á Rede Ferroviaria de Cercanías

Ferrol, 11 de maio de 2011.- O BNG celebrou onte dous novos mitins electorais nos barrios de Valón e Santa Mariña, que contaron coa participación do aspirante á Alcaldía do concello, Xoán Xosé Pita, e o número 7 das lista nacionalista, Xullo Rodríguez. [+]


O BNG presenta un programa de goberno centrado no emprego e na recuperación de recursos

Ferrol, 10 de maio de 2011.- O BNG presentou o seu programa de goberno a todos os cidadáns. No interior desta nova poderá atopar un enlace de descarga do dito programa. [+]


O BNG anuncia un Plan de Infraestruturas para o medio rural

Ferrol, 8 de maio de 2011.- O BNG celebrou un novo mitin electoral no barrio de Mandiá, onde o candidato a alcaldía de Ferrol, Xoán Xosé Pita, comprometeuse a desenvolver, desde o concello, un Plan de Infraestruturas no medio rural. [+]


XOÁN XOSÉ PITA “O BNG é a única alternativa as políticas regresivas de PP e PSOE”

Ferrol 5 de maio de 2011.- Xoán Xosé Pita, candidato do BNG á alcaldía de Ferrol, aproveitou o acto da pegada inicial da campaña electoral para asegurar que o BNG é, nestas eleccións, a única alternativa que teñen os cidadáns fronte as políticas regresivas, no plano económico e social, que defenden o PP e o PSOE. [+]


O BNG ponse do lado do pequeno comercio fronte ao macro-centro comercial proxectado polo goberno municipal no Sánchez Aguilera

Ferrol, 3 de maio de 2011.- Nunha rolda de prensa celebrada en pleno centro do barrio da Madalena, o BNG mostrou a súa frontal oposición ao macro-proxecto de centro comercial, pactado polo PSOE e Izquierda Unida, na parcela do Sánchez Aguilera. [+]