O BNG INICIA A RECOLLIDA DE SINATURAS DA CAMPAÑA “MIL RAZONS CONTRA O MURO”.

O BNG considera que a derruba da muralla do arsenal é un vello soño do pobo de Ferrol que quere ver o mar, a perspectiva da súa ría e contemplar a infraestrutura arquitectónica do arsenal: unha valiosa obra de enxeñería que consta de numerosos edificios de importante categoría artística.

Queremos ver integrados na nosa estrutura urbanística, polo menos, os lugares que están militarmente desafectados.

Queremos contribuír á transformación de Ferrol para convertela nunha cidade máis habitable, humana e atractiva: substituír o actual muro (que contra toda lóxica e estética aínda permanece en pé) contribuiría a acadar este obxectivo.

Queremos trasladar, á opinión dos ferroláns e ferrolás, un tema que sempre lles preocupou e que desde o goberno local nunca se abordou coa suficiente seriedade e determinación.

Queremos que a cidadanía participe activamente nas decisións que afectan ao deseño da nosa cidade.

Por estas razóns solicitamos que se abra Ferrol ao mar.

PÁXINA WEB

Enmarcado nesta campaña o BNG activou un blog específico no que apareceran opinións concretas de membros da sociedade local aportando a súa visión diante desta realidade.

O blog esta acceso desde o seguinte enderezo: http://milrazonscm.blogspot.com.

 

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]