O BNG lamenta a negativa do PSOE a crear unha comisión de seguimento da refrorma do PXOM
Esta proposta busca lograr o apoio social e político coa que debe contar a elaboración do PXOM. No BNG vese con preocupación esta actitude do goberno de refuxiarse na casa do concello evitando falar cos veciños e veciñas directamente.
Para o BNG é prioritario darlle axilidade e participación a esta reforma para evitar parálises innecesarias na xestión urbanística de Fene. Por isto tamén solicitará ao alcalde que lle dea prioridade aos traballos de revisión do Plan Xeral.

