O BNG ACUSA À CONSELLERIA DE MEDIO AMBIENTE DE DESENTENDERSE DA PRAIA DE CARIÑO
Consideramos que resulta innegábel que neste areal existe un terríbel cheiro e sobre os que semellaba necesario cursar unha investigación acerca da súa procedencia. Non compartimos que a Consellería se limite a facer unha analítica do estado das augas esquecendose do estado da area e das rochas.
O BNG demanda do Goberno Local que ante a deixádez da Xunta esclareza polos seus propios medios estes incidentes medio ambientais e se acometa unha urxente limpeza do areal.

