Novas
Carta aberta a Germán Castrillón
Cabanas, 18 de marzo de 2010.-
Sr. Castrillón,
Como exconcelleiro da Corporación Municipal de Cabanas escríbolle porque me sinto ofendido e indignado polo seu afán de prohibir, censurar e manipular, a través de argalladas deplorables, para prohibir a planta simbólica que se vai levar a cabo o domingo 21, ás 11 h, no piñeiral da Madalena de Cabanas.
Non sei con que dereito se cre en posesión para intentar impedir un acto simbólico dos veciños en defensa e honra do piñeiral centenario de Cabanas. Imaxino que máis ben será polo seu evidente interese de cambiar os pinos por formigón. Para vostede semella máis digno promover unha festa techno 36 horas Non-Stop ou organizar o rally de terra á custa dos cartos do pobo de Cabanas pasando por alto as inquietudes da cidadanía. Evidentemente, todo isto é resultado da falta de amor e sentimento cabanés pola súa parte e mais polos "mamporreros virachaquetas" dos que se fai acompañar e asesorar.
Pois ben, só quero dicirlle que o domingo alí estaremos, lle guste ou non e que saiba que ninguén, e menos vostede, vai calar as nosas voces sempre que teñan algo que dicir ou reclamar como pobo que somos orgullos@s do noso.
Un cordial saúdo
Pedro Cal Barro
[+]
O BNG ACUSA À CONSELLERIA DE MEDIO AMBIENTE DE DESENTENDERSE DA PRAIA DE CARIÑO
Ferrol, 18 de marzo de 2010. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol considera que a Consellería de Medio Ambiente se desentende dos verquidos que afectan à praia de Cariño nun claro exercicio de cinismo medio-ambiental ao negar a evidencia da existencia duns verquidos que afectan ao conxunto deste areal.
O BNG lembra que logo de tres verquidos oleosos que desprenden un forte olor e teñen unha cor negra que ten manchado a area e rochas deste areal. Formulou unha batería de preguntas, no parlamento, á Consellería de Medio ambiente, que na súa resposta di non considerar probada a existencia de infracción algunha.
O BNG solicita no Congreso que Costas paralice a corta do piñeiral de Cabanas.
Madrid, 18 de marzo de 2010 .- O portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, vén de presentar unha iniciativa na que insta a Costas a que paralice a corta do piñeiral de Cabanas e reformule o proxecto para tramitalo como Plan Especial.
"A proposta inicial de cortar soamente o 30% do piñeiro californiano e eliminar as árbores secas non foi respectada e estase provocando unha desfeita”, advirte o deputado do BNG.
Ademais, critica que “a planificación da actuación foi no momento menos adecuado xa que o plantío vaise facer na primavera-verán”.
Día Internacional da Muller
Narón, 16 de marzo de 2010: Con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller, o BNG de Narón organiza para mañá mércores día 17 un acto público co título: A MULLER ANTE A CRISE, no que intervirán Margarida Corral, Responsábel da Secretaría Nacional da Muller da CIG, Rocío Trastoy, Psicóloga e Maite Deus, Técnica de Emprego do Concello de Ferrol.
O acto terá lugar ás 20h na Sala de Conferencias da Biblioteca Municipal do Alto.
O BNG CRITICA A XUNTA POR DESESTIMAR A DECLARACIÓN DE BIC PARA FERROL VELLO
Ferrol, 15 de marzo de 2010 : Pita considera que detrás desta decisión se atopan intereses urbanísticos.
O grupo municipal do BNG criticou a decisión da Xunta de Galiza, comunicada esta mañá ao Concello, de considerar non procedente a declaración de Ferrol Vello como Ben de Interese Cultural como Conxunto histórico. Xoán Xosé Pita, portavoz do BNG, considera que detrás desta decisión unicamente se atopan as presións e os intereses urbanísticos que ven neste barrio de Ferrol unha apetecíbel parcela sobre a que actuar libremente. O concelleiro nacionalista considera que o PP está a desenvolver unha política de anular todas as decisións do goberno da anterior Xunta de Galiza co obxectivo de favorecer os intereses especulativos no caso de Ferrol Vello igual que coa nova lei do litoral.
O BNG reclama a paralización da tala indiscriminada e a tramitación pública dun Plan Especial para a praia e o piñeiral da Madalena. O piñeiral merece un tratamento singular e non "proxectos feitos desde o coche oficial"
Cabanas,12 de marzo de 2010.-O proxecto promovido pola Demarcación de Costas do Estado, co visto e prace do Concello de Cabanas e da Xunta de Galiza, "Estudio de la situación ambiental de la masa de arbolado del pinar de la playa de Cabanas" carece de calquera fundamentación científica que xustifique a modificación agresiva e acelerada que se lle está infrinxindo ao piñeiral da Madalena.
A extraordinaria biodiversidade desta paraxe, declarada xa Paraxe Pintoresca en 1971, conta coa presenza de especies como a sobreira, nomeada a nivel local como corchoeira, no límite máis ao norte desta árbore.
O BNG debe poñer en coñecemento da opinión pública que a actuación non ten en conta as afeccións e os prexuízos sobre as especies animais ou vexetais que lle confiren ao espazo a súa riqueza natural. [+]

