ARTIGO DE FERNANDO BRANCO PARGA:PLAN FERROL. UNHA VISIÓN CRÍTICA (I)

Ferrol, 30 de xaneiro de 2010: Recentemente un cargo sindical, que forma parte da Asociación Impulsora do Plan Ferrol, cifraba en 4.000 persoas o incremento do paro nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal desde a posta en funcionamento do devandito Plan -curiosamente a mesma cifra que se tiña anunciado como de creación de emprego- evidenciando uns datos contundentes: os resultados do Plan van na liña contraria do previsto. Asemade, uns días despois destas declaracións, outro representante do Plan Ferrol -neste caso do ámbito empresarial- afirmaba nos medios de comunicación que a falta de credibilidade social do Plan Ferrol era culpa do BNG por, segundo el, non ter impulsado desde o goberno bipartito as áreas de acuicultura, biomasa e eólica.

No caso do representante empresarial chama a atención a dose de cinismo ou de descoñecemento da materia, e calquera das dúas causas -ou as dúas conxuntamente- son graves. No que ten a ver coa acuicultura, este representante debería saber que era un área de goberno do PSOE, pois afectaba ás Consellerías de Pesca, de Política Territorial e de Medio Ambiente, todas elas detentadas por ese partido. Sobre a biomasa, evidencia descoñecer que a Orde pola que se abría o prazo para a presentación de solicitudes de centrais de biomasa - unha delas para as comarcas de Ferrolterra- foi aprobada en novembro de 2008, e tiña como data para a resolución definitiva o 25 de agosto do ano 2009; aínda que a día de hoxe, seis meses despois, esta Xunta do PP non ten aprobado aínda ningún proxecto de biomasa en Galiza.

 O BNG DEMANDA A IMPLICACIÓN DA XUNTA NA RECUPERACIÓN DA CAPELA GÓTICA DE SERANTES

style="margin-bottom: 0cm" align="justify">Ferrol 1 febreiro 2010. As Deputadas do BNG no Parlamento de Galiza, Ana Luisa Bouza e Ana Pontón, veñen de presentar unha iniciativa pola que se demanda ao Goberno da Xunta de Galiza que siga adiante co proxecto de recuperación da capela Gótica do cemiterio de Serantes.

 

O BNG destaca na súa iniciativa que A capela do cemiterio de San Salvador de Serantes é un dos edificios máis notábeis do noso Concello tanto polo seu valor artístico como polo seu valor testemuñal dunha época, sendo esta, ademais, un exemplo único dentro do Concello.

 

As deputadas do BNG inciden en que esta obra arquitectónica pódese situar entre os séculos XIV e XV, que se trata dun volume prismático de cantería de gra rematado pola cuberta a catro augas. No que destacan elementos arquitectónicos diversos (bóveda de crucería, arco oxival, dintel cunha talla do año pascual, unha cruz templaria tallada etc) e mesmo a existencia de restos de pinturas nas súa paredes.

 MIL RAZONS CONTRA O MURO

Ferrol. 29 de xaneiro de 2010: O BNG de Ferrol inicia unha campaña para abrir Ferrol ao mar. Dita campaña leva por nome "MIL RAZONS CONTRA O MURO".Pretende ser unha campaña social pedindo que non se retrase máis a decisión de  derrubar o Muro que Defensa mantén  dende a Praza Vella até a Porta de Navantia  separando a cidade do mar .

ARTIGO DE FERNANDO BRANCO P.:PLAN FERROL. UNHA VISIÓN CRÍTICA (E II)

Ferrol, 2 de febreiro de 2010: Se de algo podería presumir a nosa comarca -para desgraza colectiva- sería de “plans de reindustrialización” que sempre remataron en fiasco. Dúas décadas planificando, ¿e os resultados? O último instrumento -o chamado Plan Ferrol- aparece no 2006 e non servíu máis que de cortina de fume para tentar opacar a enésima reconversión. Un instrumento que se promove para o asentamento de novas empresas e que remata simplemente na concesión de créditos a un xuro preferente que, con algunhas melloras técnicas, aseméllase ás axudas xa coñecidas de Miner-Reindustrialización.

En realidade, pensar que un Plan de reindustrialización ou de asentamento de novas empresas pode basearse só en subvencións a fondo perdido -e aínda menos en anticipos preferenciais- é descoñecer a realidade das axudas públicas en Galiza e no conxunto do Estado. Galiza é, segundo a Unión Europea, rexión obxectivo de converxencia (a denominación antiga era Obxectivo 1), isto quer dicir que as subvencións a fondo perdido para un proxecto empresarial están limitadas agora ao 30% do investimento subvencionábel; e a ese 30% pódese chegar sumando diferentes axudas públicas: Incentivos Económicos Rexionais, Igape, Plan da Minaría, etc.. De feito, noutras Comunidades Autónomas tamén consideradas como Obxectivo de Converxencia chégase a este tope de axudas.

Por iso, considerar que a existencia dun anticipo por si só é un valor fulcral de discriminación positiva e que dea resultados reais de creación de emprego non deixa de ser un exercicio de ilusionismo. Ben está unha achega deste tipo -ninguén vai renunciar a ela- mais non define per se un asentamento empresarial.

   [...]

teletipos

tele bng