class="MsoNormal" style="margin: 0cm 0cm 0pt; text-align: justify">Cabanas, 4 de febreiro de 2011.- Cos catro votos en contra do PP, que se xustifican para ocultar a chegada do novo imposto indirecto sobre a auga promovido dende a Xunta de Galiza, e as abstencións de AEC e PSOE, o alcalde popular evitou unha reprobación corporativa á inxusta suba, que neste 2011 se cerne sobre os fogares galegos, da luz, do gas e da auga.
Ademais, o PP co seu voto negativo negoulles o apoio ás centrais galegas, prexudicadas seriamente polo decreto do carbón.
Xosé Manuel Sardiña, voceiro do BNG, lamenta a actitude servil dos concelleiros da dereita cos intereses do PP a nivel autonómico e non comparte as contradicións dun discurso que defende co seu voto un abuso máis sobre as economías domésticas e, á vez, abandona a loita contra o decreto do carbón que prexudica severamente a Galiza.
class="MsoNormal" style="margin: 0cm 0cm 0pt; text-align: justify; mso-margin-top-alt: auto">ELIA RICO PÍDELLE AO CONCELLO QUE NEGOCIE COA AUTORIDADE PORTUARIA UNHA PRORROGA PARA O LOCAL QUE OCUPABAN
Ferrol, 3 de febreiro de 2011. O grupo municipal do BNG no Concello de Ferrol esixiu esta mañá ao goberno local que solucione o problema da falla de local da A.V.V. de Ferrol Vello logo de que a Autoridade Portuaria obrigue a esta entidade a abandonar o local que ocupaban nas instalacións portuarias.
Elia Rico, concelleira do BNG, pediulle ao goberno local que negocie coa Autoridade Portuaria unha nova prorroga de cesión destas instalacións a entidade veciñal e que asuma os gastos derivados do aluguer das mesmas, tendo en conta que as circunstancias que provocaron a necesidade de recorrer a estas instalacións son responsabilidade directa do Concello de Ferrol.
align="justify">San Sadurniño, 3 de febreiro de 2011. O próximo venres 4 de febreiro ás 20 horas, na Casa da Cultura de San Sadurniño falarán Secundino García, alcalde de San Sadurniño e Carlos Aymerich, portavoz do Grupo Parlamentario do BNG, sobre a nova Lei de Augas. O PP quere cobrarlle ao vecindario polas súas traídas e pozos particulares. A Xunta pretende incrementar a recadación coa nova Lei de Augas. O Partido Popular aprobou en solitario no Parlamento de Galiza unha desproporcionada e inxusta subida de impostos coa modificación da Lei de augas. Esta Lei ten como principal obxectivo aumentar a capacidade recadatoria da Xunta de Galiza. A nova lei substitue o actual canon de saneamento (en vigor dende o ano 1993 e que excluía os núcleos de menos de 2000 habitantes) por dous novos impostos indirectos: o canon da auga e o coeficiente de vertido.
Cabanas, 5 de febreiro de 2011.- O BNG elexiu como candidato á alcaldía de Cabanas a Xosé Manuel P. Sardiña.
Xosé Manuel naceu en Cabanas e viviu dende a súa infancia en Irís. Na década dos noventa en Compostela acadou o grao de licenciado e máster en Filoloxía Galega.
Participou activamente nos movementos estudantís universitarios e desenvolveu a súa vida profesional nas áreas do asesoramento a empresas, grupos de investigación universitarios e docencia universitaria.
Afiliouse a Galiza Nova hai vinte anos, é concelleiro desde o 2000 e ten exercido diferentes responsabilidades no BNG en Cabanas e en Ferrolterra. Foi candidato en 2003 e 2007, cando o BNG triplicou a súa representación municipal.
Fran Porto acusa ao PP local de enganar e terxiversar informació nun boletín informativo [...]
O voto do emigrante [...]
O BNG entende que o PP fai a política de todo vale contra a Dependencia. Ao empregar o argumento de persoas falecidas [...]
O Concello de Cabanas non presentou aínda as propostas para o Fondo Estatal de Investimento Local [...]
A Concellaría de Benestar e Igualdade, fixo a presentación do Programa “Xantar na Casa” [...]
O Bloque Nacionalista Galego de Fene, amosa a súa satisfacción pola aprobación unánime das alegacións ao Plan Sectorial de Vivenda da Xunta de Galiza e reclama mais chan para Fene [...]
Innovación e Industria achega o acceso a Internet sen fíos a Laraxe [...]
Intervención de Francisco Jorquera, no Parlamento [...]
O BNG de Neda, propón que o Plan de Finanzamento do Estado, se destine a rede de Saneamento e Auga [...]
O BNG aposta porque as propostas municipais para investir 700.000 euros se ditaminen no Pleno [...]
O BNG califica o Plan Sectorial de Vivenda como un exemplo de política social [...]
A Consellaría de Cultura e Deporte dedicado ao audiovisual pon en marcha o ciclo "Curtametraxes. O pequeno é fermoso" [...]
Cultura recibe a doazón da biblioteca privada de Jenaro Marinhas del Valle [...]
Resposta do Presidente do Goberno, as preguntas formuladas por Francisco Jorquera, entre outras, sobre recuperación do Asteleiro de Fene para a Construcción Naval [...]
O BNG celebra o primeiro paso do concello de Narón para a creación do Servizo de normalización Lingüistica [...]
O BNG aposta pola xestíon que posibilite o emprazamento do segundo centro de saúde en Piñeiros [...]
O BNG propoñeralle á coalición PP-AEC que o Pleno trate xa o catastrazo [...]
O Vicepresidente da Deputación visita o Concello de Mugardos [...]
Medos Romero e Tareixa Novo visitarán Fene convidadas polas mulleres do BNG Fenés [...]
Galiza Nova mobiliza o ensino para parar as agresións contra o galego [...]
Visita ao Delegado Provincial Medio Ambiente e desenvolvemento sostible da Xunta de Galicia [...]
O BNG de Narón aposta polo emprazamento dun segundo centro de Saúde na zona de Piñeiros-Xuvia [...]
O Delegado Provincial da consellería de Vivenda estará o próximo mércores cos veciños e vecíñas de Piñeiros [...]
Xoan Xosé Pita resalta "O compromiso do BNG, dende a Xunta de Galiza, con Ferrol" [...]
No Nadal merca en Fene [...]
O BNG Apoia as mobilizacións na defensa dun novo modelo económico e social [...]