Novas

  

O INFORME DOS REDACTORES DO PXOM COINCIDE CO BNG NAS VALORACIÓNS SOBRE O POL

Foz, 10 de marzo de 2010.- Onte entregouselle ao BNG o informe que a Comisión do POL do Concello de Foz lle solicitara aos técnicos redactores do Plan Xeral de Ordenación Municipal. Neste documento, vense reflectidos os mesmos argumentos que o BNG manexaba para facer un rexeitamento contundente a dito Plan por ser unha hipoteca para o desenvolvemento urbanístico do noso concello. [+]


CHARLA SOBRE A LEI DE CAIXAS

Este xoves, a partir das 8:30 da tarde, na Casa da Cultura "Poeta Manuel María", o BNG dará unha charla sobre a Lei de Caixas e o futuro das caixas galegas desde unha óptica nacionalista.

A charla estará presentada por Basanta, o portavoz municipal, e daraa o deputado autonómico por Lugo, Fernando Blanco.

O BNG convida a todos os veciños e veciñas de Foz. [+]


O BNG propón aos grupos da corporación un verdadeiro Plan de Emprego

Foz, 24 de febreiro de 2010.- O portavoz municipal do BNG, Xan Carlos González Basanta, plantexou na Xunta de Portavoces de onte a necesidade de elaborar un Plan de Emprego Municipal serio e continuado. Por iso solicitou dos demáis grupos o compromiso de elaboralo e aprobalo canto antes, compromiso que foi corroborado. [+]


O BNG denuncia que a rede de abastecemento de Foz é un auténtico polvorín

Foz, 18 de febreiro de 2009.- O accidente na rede de subministro de auga na zona de Vilarmea ven poñer de actualidade, unha cuestión que en reiteradas ocasións temos denunciado desde a nosa formación, como é o estado da rede de abastecemento e de saneamento de auga do Concello de Foz. Os nacionalistas lamentamos que o Grupo de Goberno non tivese atendido as múltiples chamadas de atención así como as diferentes mocións presentadas por nós nas que solicitabamos que se acometese un estudo sobre a situación da nosa rede de abastecemento, así como que non se acometesen as necesarias obras de mantemento. [+]


O BNG de Foz inicia este domingo unha campaña informativa sobre o Plan do Litoral

Foz, 17 de febreiro de 2010.- O Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego considera un auténtico despropósito as propostas e solucións que o Plano de Ordenación Litoral establece para o Concello de Foz, na medida que significa unha hipoteque para o desenvolvemento urbanístico do Concello e impide unha ordenación territorial que faga posíbel un crecemento sustentábel coas potencialidades de futuro que se lle poidan presentar a Foz. Xoan Carlos G. Basanta esixiulle ao PP e ao PSOE “ a que cumpran cos seus deberes e se posicionen sobre o POL. A tranquilidade que reclaman uns é a resposta irresponsábel dun Goberno que se ve desbordado polos seus conflitos internos, e o silencio dos outros e a típica actitude de quen se sabe cómplice dunha agresión de primeira magnitude ao conxunto dos veciños de Foz”. [+]


BASANTA RECORDALLE AO PP QUE A GALESCOLA DE FOZ É UN PROXECTO DO BNG

Foz, a 12 de febreiro de 2010.- O BNG de Foz quere saír ao paso das declaracións do deputado autonómico, o Sr. Balseiro, sobre a Galescola de Foz pola cantidade de demagoxia que conteñen e por alardear de abrir a Galescola cando foi o BNG no anterior goberno quen a puxo a andar. O BNG quere recordarlle ao Sr. Balseiro que a  Galescola de Foz é un proxecto da Vicepresidencia da anterior Xunta de Galiza, dirixida polo BNG. Proxecto que enmarcaba dentro dun máis amplo para dotar á Mariña de todos os servizos sociais indispensables. [+]