Innovación e Industria destina máis de 3 millóns de euros ao desenvolvemento dos clusters industriais galegos en 2008-9

 O titular de Innovación e Industria, o nacionalista Fernando Blanco, asinará un convenio cos clústers de Galiza para potenciar e incrementar a capacidade tecnolóxica e o nivel de calidade produtiva dos seus asociados

Santiago de Compostela, 27 Agosto 08.- A Consellaría de Innovación e Industria colaborará cos clústers industriais galegos para a realización de diversas actividades durante os anos 2008-2009, dirixidas á potenciación e ao incremento da capacidade tecnolóxica e o nivel de calidade dos asociados. O departamento dirixido por Fernando Blanco achegará 3.155.569,5 euros para executar as iniciativas, que se plasman nun convenio que asinará o titular nacionalista cos presidentes dos clústers do Produto Gráfico e do Libro Galego, da Madeira de Galicia, de Biotecnoloxía de Galicia, do Audiovisual Galego, da Acuicultura de Galicia, de Empresas da Automoción de Galicia e da Asociación Clúster do Naval galego.

Entre as actuacións que desenvolverán os clústers en virtude de este acordo figuran plans de dinamización dos seus sectores ante a conxuntura económica actual; elaboración de plans estratéxicos, de viabilidade, de competitividade e de internacionalización; actuacións de internacionalización como participación en feiras internacioniais, misións comerciais e creación de departamentos específicos de comercio exterior; implantación de plans de cooperación entre empresas; actuacións de difusión, información e márketing sectorial; e actuacións encamiñadas a potenciar distintivos de marca sectorial que permita a promoción de valor diferencial existente e ao seu recoñecemento e calidade a nivel estatal e internacional. A Consellaría tamén colaborará cos clústers para o desenvolvemento de actuacións sobre loxística.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]