Quin.tv celebra o seu primeiro mes de emisión con 55.012 visitas

Santiago de Compostela, 6 Outubro 08. O videoblog (www.quin.tv) do portavoz nacional do BNG e vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, cumpre hoxe un mes desde que comezou a súa emisión pola rede. O número de visitas recibidas á de 55.012.

As estatísticas da páxina rexistran xa 292 usuarios rexistrados; que realizaron 248 comentarios e votaron 696 veces os vídeos. A cifra de visitantes únicos (desde distintos ordenadores) indica 14.505.

Vídeo da Asemblea Nacional

Os contidos

Quin.tv ten un total de 51 vídeos publicados, clasificados nas seguintes seccións: “Día a día”, “A xente di”, “Transformando Galiza”, “Coas persoas”, “Hai que dicilo”, “As miñas cousas” e “Facendo memoria”. Destaca unha conversa con Antón Reixa na que repasa a súa traxectoria e opina sobre temas de actualidade con especial liberdade.

Loxicamente, o vídeoblog segue tamén a actividade de Anxo Quintana en tanto que portavoz nacional do BNG e vicepresidente do goberno galego, mais tamén se pretende trasladar a faceta máis persoal deste político e incluír “contidos atemporais”.

facebook  twitter  digg  technorati  yahoo  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]