Segue na Internet a intervención de Anxo Quintana no Debate do Estado da Nación

Santiago de Compostela, 7 Outubro 08.- Xa comezou no Pazo do Hórreo, o debate do Estado da Nación deste ano que rematará mañá pola tarde. Na sesión de hoxe, a partir das catro e media, poderedes seguir a intervención do portavoz nacional do BNG, Anxo Quintana, a través da web do Parlamento de Galiza.

O líder nacionalista terá unha quenda inicial de 45 minutos e, posteriormente, disporá de 15 minutos para ofrecer a réplica aos portavoces dos outros grupos.

Na sesión de mañá debateránse as propostas de resolución dos grupos parlamentares, coa intervención do portavoz nacionalista, Carlos Aymerich, para defender as propostas do BNG. Será a partir das cinco da tarde do mércores.

fresqui  delicious  digg  technorati  yahoo  meneame  chuza 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]