Fernando Blanco: "Utilizar as competencias da Administración para boicotear o concurso eólico é prevaricar"

Santiago de Compostela, 4 Xaneiro 09.- De seguido extratctamos boa parte dunha entrevista da Axencia Galega de Noticias ao Conselleiro de Innovación e Industria, o nacionalista Fernando Blanco, que foi publicada hoxe en varios medios de comunicación galegos.

O final de 2008 foi treboento. Para min finalizou con normalidade. Houbo quen quixo facer esas tempestades, pero a socieade galega é moi madura.

Vostede xa presentou a relación de proxectos de parques eólicos admitidos a trámite. Sinte como se tivese gañado a batalla? Non. nunca o plantexei en termos de victorias ou derrotas. Iso fanno outros. O concurso eólico non vai contra ninguén e si vai a favor do país. Xerará emprego, actividade económica e axudarános a combater a crise.

Nestes últimos días de 2008 asistimos a unha pugna política e mediática. Foron momentos duros? Non, sempre estiven moi tranquilo. Tiña a convicción de que a comisión facía un bo traballo, Por primeira vez a enerxía eléctrica xerará beneficios para Galiza,.

Chegou a temer polo concurso eólico? Non, en absoluto. Non hai nada que me fixese pensar na posibilidade de alterar o rumbo que tiña trazado.

"Do 1-M agardo que a sociedade galega perciba que o cambio veu das áreas que apostaron polo cambio"Imaxinaba semellante polvareda? Calquera concurso desta entidade (máis de 2.200 MW eólicos en xogo) esperta moitos intereses. Resultoume estrano que esa polvareda se levantase xusto cando estaba traballando unha comisioón á que se intentou torpedear desde algún ámbito para que non fixese o seu traballo. A maioría de membros desa comisión fixeron o seu traballo. Outros optaron por non facelo. É inxeplicábel. Non entendo como algún dos seus membros, funcionarios, saen dando roldas de prensa. É sorprendente. O resto da comisión fixo o seu traballo con transparencia e obxectividade. Estou moi satisfeito.

En que dirección chegaban os torpedos? Houbo claros intereses de torpedear este proxect. Houbo informacións que non respondían á realidade. A miña batalla é contra a crise e non contra ninguén.

Quen daba ordes sobre cara onde debían dirixirse os torpedos? A cidadanía galega está moi ben informada, malia algúns, e sabe a quen me refiro sen necesidade de dar nomes.

O Conselleiro de Innovación e Industria afirma que "non hai volta atrás" no proceso do concurso eólicoHabía máis de algún barco lanzando torpedos? Houbo algúns barcos que intentaron cambiar o noso rumbo. Agora navegamos con bo vento para dar resposta aos intereses de Galiza.

As augas parecen, pouco a pouco, volver ao seu rego. Facer as cousas ben dá máis traballo que facelas mal. Antes adxudicábase a dedo e non había ningún problema, nin entre uns nin entre outros dos que hoxe están alborotando por aí. Facelo con transparencia dá máis traballo.

A transparencia da que fala, á vista do ocorrido, pode acarrear un custe político. Os galegos son conscientes de que o modelo saíu adiante con todas as da lei. Pode ter un custe, pero espero que sirva para impulsarnos.
En que prazo estarán xerando enerxía os 2.300 MW? Dependerá da axilidade dos promotores, do traballo que fagan. Agora hai que xestionar a posta en marcha dos parques. Espero que sexa canto antes. Os galegos sabenque o 14,22% dos novos aeroxeradores eólicos irán ás arcas de Galiza.
Cando pasará o concurso eólico o trámite do Consello da Xunta? Cada parque eólico, en función dun proceso reglado, deberá ser aprobado polo Consello da Xunta. E nada máis. A resolución xa está aprobada e non irá ao Consello da Xunta. É unha potestade do conselleiro de Innovación e Industria e exerceuse.
Non hai volta atrás? Ningunha.
Teme novas zancadillas? De ningún xeito. A utilización das competencias da Administración para boicotear unha cuestión como o concurso eólico chámase prevaricación. Non creo que ninguén queira prevaricar. Todos farán o posíbel para que o proxecto se poña en marcha canto antes. Non cabe outra posibilidade.
Como cualificaría o abandono da comisión dos representantes das Consellerías de Medio Ambiente e Politica Territorial? É unha falta. Dous funcionarios tiñan que facer o seu traballo e non o fixeron.
Pode esixirlles responsabilidades? Depende dos seus conselleiros. Podes manifestar a túa disconformidade en acta, pero non abandoar.
Vostede pediríalles contas? Non. Pero para saber se dá tempo a analizar unha documentación, hai que sentar a traballar.
Quen pedíu a prórroga? Pedíronna eles e concedéuselles unha semana máis.
Contáronse moitas mentiras? Si
Por que non as rebatíu? Había que deixar traballar á comisión, en liberdade e sen presións. Tería sido fácil rebatilas. Non quixen entrar nunha dinámica de discusión, aínda que algunhas si as rebatín porque raiaban no delicto.

Os concellos queren máis. Agora obterán algo, porque antes non tiñan nada. Terán o 40% dos ingresos que xestionará o INEGA. Agora todos descobren o que é a enerxía eólica. É un dos aspectos positivos da transparencia deste concurso.

Teme unha choiva de impugnacións? En absoluto. Estamos nun Estado de Dereito e existe a capacidade de recorrer, de presentarse, de argumentar...
Hai risco de que o proceso se xudicialice? Sempre existe a posibilidade de acudir á Xustiza. Outra cuestión é a posibilidade de gañar.

Os ecoloxistas están preocupados. Hai que falar con claridade. A Rede Natura é a que hai, non a que un soña. Tivemos catro anos para cambiala e, se non se cambiou, foi porque non se quixo ou por ineficacia. Hai 22 parques que quedaron fóra por estar en Rede Natura. No futuro plan sectorial hai unha redución de 327.000 hectáreas. Hai quen fala de ouvido. Algún cuantificou que os 2.300 MW implicarían a instalación de 15.000 aeroxeradores.

E cal é a súa estimación? Arredor de 1.000 aeroxeradores.
Amancio Ortega e Manuel Jove ficaron fóra. Era un concurso. E había que presentar un bo proxecto. Os que non están é porque había outros que eran mellores e nalgunhas zonas houbo moita máis competencia.

"Sempre estiven moi tranquilo. Tiña a convicción de que a comisión facía un bo traballo"A sorpresa foi Ence. Non me sorprende tanto á vista de todos os proxectos. A partir de agora haberá que negociar sen concesións eólicas.

Haberá unha solución para o traslado da factoría de celulosa de Pontevedra? Pode habela e á empresa ten que interesarlle. A factoría ten que irse da ría de Pontevedra en 2018. Calquera negociación que anticipe ese prazo pode ter unha vinculación da Xunta na búsqueda de alternativas ou acordos puntuais.

O concuso eólico xerará 5.000 millóns de inverstimento e creará 8.000 novos empresgos. Hai proxectos industriais de todo tipo. Cal cre que é o máis atractivo? Gústanme todos pola capacidade para xerar investimento e emprego.

A oferta de Norvento aposta polas enerxías das olas. É interesante que a nosa industria desenvolva tecnoloxía para competir. É positivo.

O proxecto de Ventos Cooperativos será o embrión do futuro grupo lácteo galego? Mellorará a capacidade competitiva do campo. Un grupo lácteo galego? Haberá que saber que máis fai falla. Creamos un caldo de cultivo para que saiana adiante proxecto deste tipo.

Cambiando de tercio, vostede, a xuízo do BNG, saíu reforzado do proceso de reparto eólico. Demóstrao que encabezará a lista do partido pola provincia de Lugo nas autonómicas de marzo. Estou contento de que o BNG crea en min. A miña forza política valora o traballo feito e se propón o meu nome é porque está convencido de que fixen un bo traballo e de que podo seguir aportando.

Existíu risco de descrédito para a súa Consellaría? En absoluto. O concurso eólico é, por primeira vez, diferente, e serve aos intereses do país.

Nalgún momento pasóuselle pola cabeza tirar a toalla? Por todo isto? Non, todo o contrario, animoume moito a seguir.

Que agarda das eleccións de marzo? Que a sociedade galega perciba que o cambio veu das áreas que apostaron polo cambio. O BNG traballou ben. Temo un proxecto para os catro próximos anos e o aval de ter posto en marcha outros proxectos. A nós ninguén nos fai chantaxe. Tomamos as decisións en función do interese de Galiza.
Supoño qie vostede fará todo o posíbel para que o BNG continúe no goberno da Xunta? Loito para que o BNG teña o maior respaldo posíbel. Non me poño límites. Logo, xa veremos o que hai que facer.

Gustaríalle volver ser Conselleiro de Innovación? Iso, no seu momento, plantexaráo o BNG. Os procesos son como son. Non quero sementar dúbidas. De me volven ofrecer a posibilidade, volvereina valorar. Se hai conxunción de ideas, pois estupendo. Pero para poder ser conselleiro hai que gañar as eleccións.

A reedición do bipartito parece o escenario máis probábel segundo as últimas enquisas. Os galegos son os que deciden e non me gusta vender a pel do oso antes de cazalo. Non cometerei ese erro. Pero a partir do 1-M estarán abertas todas as hipóteses. Pode haber un presidente nacionalista e pelexarei por ese obxectivo. Todo está aberto.

Mesmo pode que se faga cargo de outra Consellaría. Imaxínese que remato en Política Territorial!! Pois igual. Había que activar proxectos e actuar. E eu fíxeno. De aí vén ese interese por esta Consellaría. Outros terían que se preguntar se realmente puideron ter feito moito máis do que fixeron. A Lei de Minas, a defensa do naval, o concurso eólico, o mapa enerxético, as enerxías renovábeis... Fixemos cousas. Quen fai moito ten máis risco de equivocarse.

facebook  twitter  digg  technorati  yahoo  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]