Guillerme Vázquez advirte a Núñez Feijóo de que o BNG non vai ficar impasíbel "ante a privatización dos servizos sanitarios"
Guillerme Vázquez realizou un percorrido polas rúas do casco vello acompañado do grupo municipal e responsábel comarcal
Vigo, 27 Outubro 09. O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, manifestou esta mañá en declaracións aos medios de comunicación que o BNG está profundamente preocupado pola nova política do goberno galego dirixida a privatizar os servizos sanitarios, esta vez coa excusa da crise económica”.
En relación á planificación das infraestruturas, como é o caso do hospital de Vigo, o líder do BNG criticou que “nos din que deben recorrer ao financiamento privado para poñer en marcha infraestruturas sanitarias e dende o BNG estamos en desacordo con este argumento porque hai outros camiños na defensa da sanidade pública que é o único modelo que pode dar igualdade na prestación dos servizos aos cidadáns”:
"Haberá que garantir os mellores orzamentos para a sanidade galega"Nesta liña, lembrou que o debate sobre o financiamento sanitario “non é menor” e, en calquer caso, engadiu, “haberá que garantir uns mellores orzamentos para a sanidade galega no sentido de resolver problemas como o da dispersión poboacional”. Así, Guillerme Vázquez acusou ao PP de querer privatizar algúns servizos sociais como xa ocorre noutras CCAA.
Obama
Un momento da reunión coa Plataforma en Defensa da Sanidade Pública
O portavoz nacional do BNG mantivo, de feito, esta mañá, un encontro con representantes da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública aos que lles manifestou o apoio dos nacionalistas á grande manifestación convocada para o xoves, 29 outubro ás 8 da tarde, no cruce gran vía-Urzáiz, na que se reclama un gran hospital público para Vigo.
A plataforma trasladou tamén ao portavoz nacional a súa preocupación pola desaparición do módulo de investigación, e a redución de servizos no novo hospital que, segundo aseguraron, será máis pequeno e non terá carácter de hospital central, así como a súa denuncia pola posta en marcha dun modelo de sanidade privada.
"Hai un topónimo oficial para a cidade da Coruñae e se está abrindo un debate cunha posición estremista que defende de igual maneira o topónimo 'L' e a estatua de Millán Astray"O portavoz nacional do BNG realizou esta mañá un percorrido polo casco vello de Vigo e valorouno na liña de que esta cidade “está a experimentar unha importante transformación grazas ao traballo dos concelleiros e concelleiras do BNG. Entre o que había e o que vemos agora non hai parangón”, continuou, “e isto é grazas ao impulso do BNG dende o concello de Vigo”.
No seu paseo, o portavoz nacional estivo compañado polo tenente de alcalde, Santiago Domínguez e a concelleira de Benestar, María Méndez, a de Igualdade, Iolanda Veloso, así como unha ampla representación municipal.
Castro de Rei
En resposta ás perguntas dos xornalistas sobre as detencións do alcalde e tres concelleiros de Castro de Rei, Guillerme Vázquez amosouse “sorprendido pola espectacularidade mediática desta operación policial”, mais advertiu de que aínda que “non coñecemos en detalle os motivos desta detención e dende a prudencia só podo dicer que é evidente que se alguén cometeu algunha ilegalidade deberá pagar as súas consecuencias”.
O líder nacionalista salientou “a actuación policial non ía dirixida aos nosos concelleiros, que só moi recentemente se incorporaron ao goberno municipal”.
Debate do “L”
Tamén lle perguntaron os xornalistas pola polémica xerada polo debate no pleno da Coruña dunha moción do PP, que foi rexeitada, na que se propoñía oficializar o topónimo ilegal, en castelán.
Sobre este asunto, Guillerme Vázquez afirmou que “nós defendemos o uso da lingua galega e a súa normalización. No caso da Coruña hai un topónimo oficial tanto nas leis galegas como nas españolas e se está abrindo un debate cunha posición estremista que defende de igual maneira o topónimo “La” e a estatua de Millán Astray para que permaneza nas rúas da Coruña. É un debate que responde aos intereses políticos dos sectores máis estremistas e que pretende confundir a opinión pública”.
Neste sentido tamén aludiu o PSdeG e pediulle que sexa coherente coas súas posicións, “o PSOE acaba de asistir cunha representación destacada a unha manifestación en defensa do galego e pedímoslle que actúe por tanto, en consecuencia”, concluiu.

