Guillerme Vázquez reclama ao goberno do Estado que "intensifique e acelere as negociacións para a liberación dos mariñeiros do 'Alakrana'"
A Coruña, 5 Novembro 09. O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, mantivo hoxe un breve encontro coa prensa minutos antes de pronunciar unha conferencia no Clube Financeiro da Coruña. Alí amosou a profunda preocupación do BNG “ante a situación do pesqueiro Alakrana, secuestrado xa dende hai tempo de máis”.
Tal e como indicou, o BNG “comparte a preocupación dos familiares” e insta “ás administracións competentes a que as negociacións se aceleren e intensifiquen e se consiga así a volta dos mariñeiros coas súas familias”.
Asemade, o líder do Bloque amosou as súas dúbidas sobre o feito de se a decisión da Audiencia Nacional de reter en Madrid a varios dos supostos piratas somalíes “axuda ou non a resolver esta cuestión”.
Cómpre lembrar que nas últimas horas, a situación dos mariñeiros secuestrados complicouse ao instar os secuestradores ás autoridades españolas a liberar ao somalíes retidos ameazando con entregar aos cautivos ás familias do piratas retidos en Madrid.

