O BNG reafirma o seu "compromiso feminista" e chama a combater "todas as formas de violencia" contra as mulleres

Santiago 21 de Novembro, 2009. O BNG reclamou hoxe, co motivo do Acto Nacional que convocou para celebrar o Día Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero, máis recursos e medios para erradicar esta lacra social.

Durante o acto -celebrado ante unha grande concorrencia nun céntrico hotel compostelano e no que se combinaron intervencións políticas cun recital poético e unha actuación musical-, o portavoz nacional do BNG debullou todas as formas de violencia que se practican contra as mulleres. “A física é a máis brutal da violencia contra as mulleres, pero hai outras formas máis subtís de violencia”, dixo, e entre elas citou a discriminación salarial -as mulleres cobran menos que os homes polo mesmo traballo- ou o feito de que os grandes poderes da sociedade -o financeiro, o político, o xudical, mesmo o clerical- permanencen “en mans exclusivas dos homes”.

Guillerme Vázquez, durante a súa intervención

O BNG pide máis recursos materiais e medios humanos para enfrentarse coa lacra da violencia machistaO PATRIARCADO, UNHA RELIQUIA FEUDAL

Guillerme Vázquez asegurou que seguimos vivindo nun sistema patriarcal que cualificou de “reliquia feudal do pasado e institución obsoleta”.

A secretaria de Acción Feminista, no curso do acto

Neste sentido, engadiu que negar as mulleres o poderen planificar a súa propia maternidade é unha forma xa de secundarizalas e tratalas como seres inferiores na escala social, pero nesta campaña, a Igrexa católica non está soa - dixo- “conta coa colaboración da Dereita española que adoita ollar con reticencia calquer avanzo na emancipación das mulleres”.

Guillerme Vázquez cualificou o patriarcado de "reliquia feudal do pasado e institución obsoleta"Vázquez fixo un paralelismo entre o nacionalismo e o pensamento feminista como proxectos emancipadores e de transformación social, “o nacionalismo é ante todo a paixón pola igualdade, igualdade entre nacións, igualdade social, igualdade entre xéneros.”

Ana Pontón foi moi crítica coa xestión do PP

SOLIDARIEDADE CON AMINATOU HAIDAR

Guillerme Vázquez lembrou a Aminatou Haidar, activista do Frente Polisario que permanece no aeroporto de Lanzarote en folga de fame ao ser arrestada e expulsada do Aaiun. Desde ese día, Aminatou está en folga de fame e o seu organismo sofre as consecuencias de ter estado moitos anos no carcere. O seu delito-dixo- é defender o dereito de autodeterminación do seu país, o pobo sahariano, un dereito que o Goberno español continúa sen amparar- explicou emocionado- o voceiro do BNG.

María Méndez criticou o PP por desmontar os logros da xestión do BNG no Goberno galegoVázquez amosou a súa solidariedade con esta muller valerosa e tamén vítima da violencia de xénero, solidariedade que foi seguida dunha grande ovación por parte do público asistente ao acto.

Marta Dacosta ligou poesía e feminismo

Finalmente, o voceiro nacionalista reiterou que o patriarcado, o imperialismo e o irracionalismo religioso debuxan un mundo hostil para as mulleres, pero “ co esforzo decidido, coa vontade de avanzar e o apoio de todos e todas nesta loita, conseguiremos acabar con este estado de cousas”.

Ana Pontón salientou que o compromiso coas mulleres está na tradición nacionalista desde RosalíaVIOLENCIA ESTRUTURAL

O acto principiarao María Méndez, secretaria de Acción Feminista do BNG, quen non dubidou en afirmar que “a violencia de xénero é un problema social pero tamén estructural, e polo tanto, precisa da implicación de todas as institucións e da sociedade en xeral.”

Modesto Fraga prestou a súa voz poética ao acto

Méndez aludiu ao compromiso do Bloque Nacionalista Galego coa loita feminista xa que “alí onde gobernamos sempre asumimos a responsabilidade desta acción política tanto a nivel local como nacional”.

María Méndez criticou a xestión do PP ao frente do Goberno Galego, por impor un modelo social que está a desmantelar moitas das políticas de igualdade e a recortar orzamentos noutros eidos como a sanidade ou o ensino.

A actuación musical correu a cargo de Espido

Asemade, Méndez tamén se referiu a moitos dos logros do BNG no Goberno que agora son desmontados polo Partido popular, en clara alusión ás oficinas de I+B que deixan a 61 traballadores e traballadoras na rúa.

María Méndez rematou a súa intervención avanzando que “as mulleres e homes do BNG non permanecerán quietos nen calados ante a falla de orzamentos para seguir loitando contra a lacra social que supón a vilolencia contra as mulleres”.

DEREITO HUMANO FUNDAMENTAL

Pola súa parte, a deputada no Parlamento galego Ana Póntón comezou a súa intervención reivindicando un “dereito humano fundamental, que é o dereito das mulleres a vivir sen violencia”.

Para Pontón, a violencia non é tolerábel nen compatibel cunha sociedade democrática e explicou que xa a poeta galega Rosalía de Castro denunciara esta situación no seu poema A Xustiza Pola Man.

Pontón non escatimou críticas ao Goberno liderado por Feijoo e afirmou que “de nada vale facer alabanzas e declaracións a prol da igualdade se iso non se demostra con feitos concretos e os feitos da actual Xunta de Galiza non son moi alentadores”.

A deputada nacionalista lembrou as moitas asociación de mulleres e feministas que levan xogado un papel fundamental na loita contra a violencia de xénero, “causa tristeza que un dos recortes deste Goberno sexa limitar o seu recoñecemento” –dixo- e sentenciou que os premios “eu tamén navegar, que naceran no ano 2006 gobernando o BNG deixarán de existir pero o espírito que os creou, en recoñecemento do traballo destas mulleres, hoxe está aquí e ningúen poderá eliminalo por moito que queira o PP”.

O acto fechouse cun recital poético a cargo de Marta Dacosta e Modesto Fraga e cunha actuación Guadi Galego e Guillerme Fernández que interpretaron varios temas do seu disco Espido.

fresqui  delicious  digg  technorati  yahoo  meneame  chuza 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]