Emotivo encontro de Guillerme Vázquez con Aminatou Haidar: o Goberno español "debe atender as demandas da activista saariana"
Encontro de Guillerme Vázquez con Aminatou Haidar
"O pobo saariano está oprimido por Marrocos e ten perfecto dereito a ser independente"En declaracións aos xornalistas, o portavoz nacional explicou que achou a Haidar “fisicamente debilitada, pero cunha enorme coraxe e valentía á hora de defender as súas conviccións”.
“Estamos aquí para expresar todo o apoio e solidariedade do Bloque Nacionalista Galego á causa de Aminatou Haidar, que é unha causa absolutamente xusta”, afirmou o portavoz nacional.
“Estamos tamén aquí”, engadiu, “para reclamar ao Goberno español que encontre a solución a este problema, que desfaga a lea en que el mesmo se meteu”.
O líder do BNG gabou "a enorme coraxe e valentía" de Aminatou Haidar"MORATINOS SABE PERFEITAMENTE QUE FACER PARA RESOLVER ISTO"
“Que solución se lle pode dar a esta situación”, inqueriulle unha xornalista. “A solución que se lle poda dar é exactamente a que está a demandar a señora Aidar. O Goberno español é cúmplice do que está a pasar. É evidente que actuou con connivencia con Marrocos. Ten que exixir con clareza a Marrocos que lle devolva o seu pasaporte á señora Aidar. Moratinos e o Goberno español saben perfectamente o que teñen que facer para conseguir este fin”.
Un momento do encontro en que o portavoz nacional viu a coraxe e a valentía de Haidar
“O pobo saariano está oprimido por Marrocos, ten perfecto dereito a que se cumpran as resolucións de Nacións Unidas e a ser independente”, alegou.
Cualificou de “escándalo” que se impuxera unha multa a Aidar -a instancias da dirección do Aeroporto de Lanzarote- e afirmou con clareza que “demostra a falta de sensibilidade das autoridades españolas”.

