O BNG pide unha selección galega "xa" que poda competir oficialmente en torneos internacionais
Santiago de Compostela, 28 Decembro 09. O Bloque Nacionalista Galego celebrou esta mañá un acto reivindicativo das seleccións deportivas nacionais galegas e, por boca do seu portavoz nacional, mostrouse favorábel a que Galiza poda competir “oficialmente” en torneos internacionais.
A Praza do Obradoiro -baixo unha intensa chuvia, “hoxe estamos aquí os que nos mollamos por Galiza”, dixo Guillerme Vázquez- foi o escenario deste acto. Militantes, simpatizantes e dirixentes do BNG -unha moi ampla representación do grupo parlamentar e da Executiva Nacional- despregaron unha camisola da selección de grandes proporcións que locía a lenda “Selección Galega”. Tomaron a palabra os ex directores xerais de Deportes Santiago Domínguez e Marta Souto e o líder do Bloque Nacionalista Galego.
Guillerme Vázquez, durante a súa intervención
“O Bloque Nacionalista Galego”, engadiu, “fai tamén parte dese clamor social”. Na súa opinión, non é a política “en xeralización abstracta” a que inviabiliza a celebración de novos encontros da selección galega, senón “o goberno e a política do Partido Popular”.
Fernando Blanco Parga, Teresa Táboas, Tereixa Paz e Carme Adán
O FEITO DESDE O GOBERNO
Alfredo Suárez Canal, Fernando Blanco e Carlos Aymerich
Puxo en valor o feito de o nacionalismo, desde o Goberno galego, ter impulsado e dado carta de natureza ás seleccións nacionais quer de fútbol quer doutras disciplinas deportivas, o que tivo como resposta a presenza de “milleiros de espectadores e espectadoras de todas as idades que desafiaron o frío en anos sucesivos nos campos galegos”.
A camisola da selección galega despregada sobre a pedra da praza
Foi alén nesta mesma dirección ao engadir que “nós non vemos o problema de que todos os galegos e galegas nos identifiquemos con símbolos comúns” e ao afirmar a súa convicción de que “non ten futuro esta política estremista, negadora do noso País, da nova clase dirixente do PP”. Onde ficaron, ironizou, “os teóricos da autoidentificación no PP?”.
Guillerme Vázquez, flanqueado por Marta Souto e Santiago Domínguez
O líder do BNG rematou o seu discurso apelando á autoestima de sermos galegos e galegas e a de non permitirmos “pasos atrás”. “Que a historia siga avanzando. Seleccións oficiais galegas, xa!”.

