Reunión extraordinaria da Executiva, que ve o recurso do Estado como "un ataque á dignidade, institucións e autogoberno de Galiza"
Santiago de Compostela, 6 Febreiro 10. O BNG reuniu hoxe a súa dirección para, nunha Executiva Nacional extraordinaria, analisar o recurso de inconstitucionalidade apresentado polo Estado contra a Lei de Caixas galega.
Ao termo da reunión, o portavoz nacional compareceu ante a imprensa na compaña dos membros da Executiva Nacional. No acto informativo, o líder do BNG cualificou a acción do Goberno do Estado contra a Lei de Caixas “un ataque á dignidade, institucións e autogoberno de Galiza”.
Guillerme Vázquez expresou que o recurso supón un intento máis do Goberno central para expatriar o aforro galego. “O recurso vai contra a fusión, vai dirixido a impedir que Galiza conte con caixas galegas”, afirmou.
“A presentación deste recurso é inxusta e inxustificada, inxusta porque o Goberno central propicia a absorción das caixas galegas e inxustificada porque a lei galega é similar á existente noutras comunidades. Polotanto, é un recurso de carácter político, non técnico”, explicou.
A Executiva Nacional compareceu ante os meios de comunicación
Diante disto, “debemos reaccionar todos a unha, como País”. Por unha banda, Núñez Feijóo debe presentar recurso de insconstitucionalidade diante do FROB e vetar o SIP contra as caixas foráneas. Guillerme Vázquez anunciou que o BNG emprenderá unha ofensiva parlamentar clara nesta dirección porque “Galiza non é menos que calquera outra comunidade autónoma”.
O MANIFESTO, A CONCELLOS E DEPUTACIÓNS
Montse Prado, Guillerme Vázquez, Teresa Táboas e Francisco Jorquera
“Toda Galiza debe poñerse en pé e esixir a retirada deste recurso, nunha campaña que debería rematar nunha gran mobilización social”, explicou Guillerme Vázquez. “Galiza está nunha encrucillada, pero cando mexan por nós non dicimos que chove, porque en Galiza queremos caixas galegas, porque Galiza ten dereito”, concluiu.

