Máis de 150 cadros do BNG asistiron ás xornadas de formación en comunicación e imaxe

Xosé Mexuto, Rosana Pérez, Xosé María Torné e Ana Pontón

Santiago de Compostela, 8 Febreiro 10. As secretarías de Comunicación e de Imaxe e Propaganda organizaron unha xornada de formación en comunicación e imaxe, que se celebrou o pasado sábado nun hotel de Santiago de Compostela, á que asistiron máis de 150 cargos orgánicos e institucionais.

No acto, os relatores ofreceron estratexias de cara a contribuír a mellorar as destrezas de comunicativas dos asistentes, mediante unha charla acompañada de documentación escrita e de diversos soportes audiovisuais para exemplificar o contido das intervencións.

Entre os temas tratados, destaca a elaboración e a transmisión do discurso, as técnicas para comunicar, a comunicación actitudinal e a direccionalidade do discurso. Ademais, expuxéronse técnicas para preparar entrevistas e debates nos diversos soportes comunicativos.

 

Asistiron máis de 150 cargos orgánicos e institucionais

Vídeo proxectado sobre linguaxe non verbal:

As mans I e As mans II

 

facebook  twitter  digg  technorati  yahoo  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]