Día da Clase Obreira Galega: o BNG respalda as mobilizacións da CIG en defensa do traballo e a economía produtiva

Guillerme Vázquez e Santi Domínguez, na manifestación de Vigo

Vigo, 11 de marzo de 2010. O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, considera imprescindíbel que a saída da actual crise económica pase por “avanzar a outro modelo de economía produtiva fronte á especulativa”, no que os dereitos dos traballadores non sexan “menoscabados”.

Guillerme Vázquez destacou que na celebración do Día da Clase Obreira Galega, o Bloque Nacionalista Galego está presente nun momento no que a crise ”non ten que seguir cargándose sobre as costas dos traballadores e traballadoras".

Na súa intervención, previa á mobilización que tivo lugar en Vigo, convocada pola CIG, o portavoz nacional do BNG demandou respecto polos dereitos sociais, “que non sexan meras palabras”. O nacionalista reclamou tamén pensións dignas e aos 65 anos, rexeitando así calquera posibilidade de ampliar a idade de xubilación.

facebook  twitter  digg  technorati  yahoo  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]