Visita institucional dunha delegación da Executiva á Real Academia Galega
Francisco Jorquera, Carlos Aymerich, Guillerme Vázquez, Ana Pontón e Xosé Luís Méndez Ferrín
Alén de Guillerme Vázquez, facían parte da delegación da Executiva o portavoz do grupo parlamentar, Carlos Aymerich; a responsábel de Cultura do grupo parlamentar, Ana Pontón; e o portavoz nacionalista no Congreso, Francisco Jorquera.
“A solución é retirar o decretazo, non dulcificalo cunha versión cosmética” pero igualmente reductora da presenza do galegoO BNG comunicoulle a Méndez Ferrín que está a impulsar distintas iniciativas para garantir un financiamento digno á Real Academia Galega.
"HAI QUE POTENCIAR O PAPEL DA RAG"
O BNG comunicou á RAG que impulsará iniciativas para garantir un financiamento digno á institución
Inquerido a respecto das hipotéticas mudanzas que o Goberno Feijóo vai introducir no rascuño do decreto que regula o uso do galego no ensino non universitario, o líder do BNG foi especialmente tallante.
“Coñecemos esas hipotéticas mudanzas polas informacións de imprensa. O decreto actualmente en vigor (o aprobado polo bipartito) non está a crear nengún problema no ensino e contou no seu momento co apoio de todos, incluído o PP. Foi o PP quen rachou o consenso por razóns exclusivamente electoralistas”, comezou por dicir o portavoz nacional.
“CONTESTACIÓN ABSOLUTA DE TODA A SOCIEDADE GALEGA”
Rachado o consenso, o PP elaborou desde o Goberno un rascuño de decreto que se atopou “coa contestación absoluta de toda a sociedade galega”.
Feijóo, “que sempre presume de ouvir a sociedade”, o que debería facer agora sería “oila”, e, portanto, dar marcha atrás.
“A solución é retirar o decreto, non dulcificalo, coa intención de facer o mesmo pero cunha outra aparencia cosmética”, dixo, e por “facer o mesmo” se refería claramente a reducir a presenza do galego nas urnas.
“Que se retire o decretazo e que continúe en vigor a norma aprobada polo bipartito que, como se ve, se está a aplicar este curso con total normalidade e sen causar nengún problema nen no ensino nen na sociedade”, concluiu.

