O portavoz nacional visita Barcelona este luns e martes convidado por ERC

Joan Puigcercós e Guillerme Vázquez, na sede nacional do BNG

Santiago de Compostela, 12 Marzo 2010. O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, vai visitar Barcelona os próximos días 15 e 16 de Marzo, convidado pola Fundació Josep Irla e por Esquerra Republicana de Catalunya, onde ten previsto un programa para manter contactos coa dirección de ERC, así como coa colectividade galega e coa militancia do BNG catalás.

Deste xeito, Guillerme Vázquez impartirá o vindeiro luns unha conferencia convocada pola Fundación Josep Irla titulada “A nación galega nun Estado plurinacional”. Será ás 19.30 na galería Sargadelos. Con posterioridade, manterá un encontro co BNG de Catalunya.

O martes será recibido na sede de ERC polo seu secretario xeral, Joan Puigcercós, e manterá unha reunión con membros da Executiva desta formación, previa a un encontro cos medios de comunicación previsto para as 12:00 horas. A seguir, visitarán o Parlament de Catalunya, onde serán recibidos polo grupo parlamentar de ERC ás 13.00 horas.

Xa o martes á tarde, a partir das 17:30, Guillerme Vázquez terá un encontro cunha delegación galega en Catalunya.

facebook  twitter  digg  technorati  yahoo  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]