O portavoz nacional descualifica o anteproxecto sobre o galego "porque segue na liña de reducir a presenza da nosa lingua"

Guillerme Vázquez, fotografado acarón de Montse Prado durante o Consello Nacional

Santiago de Compostela, 13 Marzo 10. O decretazo Feijóo contra o galego foi un dos asuntos abordados polo Consello Nacional do BNG.

Na súa comparecencia ante a imprensa, Guillerme Vázquez avaliou así o anteproxecto sobre o uso do galego no ensino apresentado hoxe pola Xunta.

“A posición do BNG é coñecida. Nós seguimos demandando a retirada do decretazo do ensino porque o anteproxecto ten en esencia o mesmo contido que o rascuño, ou sexa, o que fai é reducir a presenza do galego nas aulas”, alegou o líder nacionalista.

O portavoz nacional enfatizou que o decreto aprobado no seu día polo bipartito “está neste momento en vigor” sen que teña producido nen o menor problema.

“Non hai nengunha necesidade de nengún novo decreto e moito menos dun que camiñe na dirección de diminuír o espazo do galego no ensino”, concluíu.

CAIXAS


Cualificou de “positivo” a petición do Parlamento galego de retirada do recurso de inconstitucionalidade, mais a seguir afirmou que “esta medida non exime de que se adopten outras e que se faga sen demora”, en alusión á demanda feita polo BNG ao presidente da Xunta para que recorra o FROB ante o Constitucional e solicite unha entrevista con Zapatero, “non para negociar nada, senón para exixirlle que retire o recurso”.

“Hai que acabar co paripé negociador porque non conduce a nada e camiñar cara á mobilización social se queremos que ese recurso sexa retirado polo Goberno central”, aduciu.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]