Guillerme Vázquez defende en Barcelona que o nacionalismo é a alternativa ante a crise económica e a ofensiva centralista
Unha ateigada Galería de Sargadelos acolleu a conferencia do portavoz nacional
Para Guillerme Vázquez, “o Tribunal Constitucional, hexemonizado polo bipartidismo, tense convertido nun serio problema para a calidade da democracia no Estado. Non é posíbel o xogo limpo se o árbitro pita sempre a favor do mesmo equipo”.
Joan Ridao, portavoz de ERC no Congreso, oficiou como apresentador do acto
Sobre a fusión das caixas de aforro ironizou con que “para o Estado é indiferente que 50 de 75 deputados galegos voten a Lei de Caixas porque logo virá o primo de Zumosol madrileño a dicir que diso, nada”.
Crise económica
Ao termo do acto, Joan Ridao fixo entrega a Guillerme dun exemplar do libro "Castelao i Catalunya"
Así, dixo que “o nacionalismo defende a pequena e mediana empresa e aos autónomos fronte aos oligopolios e o dominio das grandes corporacións en todos os sectores da economía”. O portavoz nacional afirmou que “a economía galega está hoxe brutalmente interferida por decisións políticas que non se adoptan en Galiza, senón en Bruxelas para logo seren aplicadas sen discusión por Madrid”.
Revolución da plurinacionalidade
Guillerme Vázquez tamén se referiu na súa alocución á alternativa que supón o BNG fronte ao bipartidismo. “O reparto de papeis entre PSOE e PP é evidente, túrnanse no seu papel de cancerbeiros do cerrollo centralista”, sinalou.
"PP e PSOE túrnanse no seu papel de cancerbeiros do cerrollo centralista"“Concibir o nacionalismo como un movemento popular, estabelecer alianzas entre os distintos nacionalismos peninsulares e manter o diálogo aberto cos sectores progresistas do Estado, infelizmente minoritarios no bipartidismo actual, son as vías para avanzar cara á revolución da plurinacionalidade”, afirmou o líder nacionalista.
Ademais, Guillerme Vázquez engadiu que “hai que recuperar o espazo nacional para a política, oporse ao proxecto elitista e antipopular desta UE, enfrontarse ao deseño neoliberal de Bruxelas e ligar a causa democrática á conquista dos dereitos nacionais”.
Contido da conferencia pronunciada na Fundación Irla

