Enérxica condena ante a última acción homicida de ETA

Santiago de Compostela, 17 Marzo 10. O Bloque Nacionalista Galego quer expresar a súa máis enérxica condena ante a última acción homicida da banda terrorista ETA, que neste caso causou a morte dun policía francés.

ETA é a expresión dunha violencia irracional que debe desaparecer de vez por constituir a conculcación dos dereitos humanos máis elementais, a comezar polo dereito á vida.

A banda terrorista non ten nengún horizonte distinto que o da súa disolución por concitar o rexeitamento masivo da sociedade.

facebook  twitter  digg  technorati  yahoo  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]