Guillerme: "Hoxe Castelao estaría combatendo as políticas dos especuladores"
Acto de clausura da xornada
Na xornada interviñeron o secretario de Formación do BNG, Francisco Rodríguez, e mais o portavoz municipal de Pontedeume e especialista na obra de Castelao, Manuel Rei Romeo.
“Non aceptaría Castelao un modelo onde os gobernos son marionetas dos mercados”“Castelao pensou Galiza nunha conxuntura histórica determinada, marcada por unha crise galopante do capitalismo, a que encetou en 1929, unha crise que levou por diante a democracia no Estado español e abortou o traballo de construción nacional que estaba a levar o Partido Galeguista”, dixo Guillerme Vázquez na súa intervención.
Visita á exposición "A derradeira lección do mestre"
“Non aceptaría Castelao un modelo onde os gobernos son marionetas dos mercados, onde a política monetaria non está suxeita a control democrático ningún, onde o déficit importa moito máis ca millóns de persoas sen traballo”, engadiu o líder do BNG.
O portavoz nacional afirmou que “as receitas ditadas polos mercados só tratan de garantir os seus beneficios, non importa que se fagan a costa da perda de dereitos, da perda de renda de millóns e millóns de persoas”.
Francisco Rodríguez e Manuel Rei Romeu
“Os chamados mercados financeiros son feras sen control e non se calmarán dándolles de comer; engordarán”. “É hora, pois, de poñelos a dieta”, sinalou Guillerme Vázquez.
A comisaria da mostra Pilar García Negro
Visita á exposición de Castelao
Para concluír a sesión, os asistentes realizaron unha visita guiada á exposición de Castelao “A derradeira lección do mestre” no Museo Provincial da Deputación de Lugo.
Esta exposición abrangue o período histórico-vital de Castelo desde 1936 a 1950, anos nos que o autor non puido poñer o pé na súa terra. Debuxos, gravados, acuarelas e óleos, entre outros documentos, compoñen unha colección imprescindíbel para coñecer o legado artístico e político de Castelao, pero tamén para coñecer e non esquecer un período terríbel na nosa historia recente. A visita guiada correu a cargo da comisaria da mostra, Pilar García Negro.

